viernes, 13 de marzo de 2020

Traxectoria profesional: alegacións de STAJ ao borrador



Hoxe venres terá lugar a Mesa de negociación, esperamos que haxa negociación real e non estea xa todo acordado, para mellorar o borrador da Traxectoria Profesional, borrador que fai aguas por todos lados e que ten moito que mellorar para que sea medianamente comparable ao que teñen en Valencia e se poida asemellar ó que nos dixeron e seguen decindo algúns.

STAJ vai defender as seguintes propostas en aras de mellorar ese borrador:

Proporemos que se teña en conta  a antigüidade actual de cada quen no corpo, para que se encadre de entrada  no grao que lle corresponda por esa antigüidade, tal como aconteceu en Valencia, e non se encadre a todo o mundo de entrada no grao 1 . Se isto que propoñemos non se leva a cabo casi ninguen entraría no grao 3 e no grao 4, antes chegarialles a xubilación, ainda que contasen con 30 ou mais anos no corpo.

  • Deben destinarse mais cartos, os 860.000 que di o borrador que se van a destinar para este ano é  unha cantidade ridícula. A cantidade debe ser suficiente para que todos/as cobremos dende o 1 de xaneiro deste ano o 100% da contía que nos pertenza según o grao que nos corresponda en razón da nosa antigüidade actual, e que non se reparta en 3 ou 4 anualidades como pretenden.
  • Loitaremos para que o paso dun grao a un superior sea ao unisono para todos e non haxa corpos que estean discriminados e tarden ata 2 anos mais en alcanzar graos superiores.
  • Deben quedar reflexadas nesta norma os cantidades total para os vindeiros anos e as parciais para cada un dos corpos e  graos, solo se reflexa a cantidade para este ano e para o grao 1, e non deixar, como deixa o borrador, que sexan os orzamentos de cada ano os que destinen os cartos, pois dependeremos da dispoñibilidade orzamentaria.
  • As cantidades que se adicionen ao CAT e ao CE deben quedar consolidadas neses mesmos complementos cando se aprobé o Real Decreto que desenrole  e  pague a verdadeira Carreira Profesional, o borrador fala de que estas cantidade se integraran nas outras, e deben consolidarse pois ambas son compatibles.
  • Reclamaremos que se faga unha negociación seria e rigurosa de un tema de moita trascendencia, que non veñan con presas electoralistas e se cerre a negociación en falso e solo nos convoquen para darlle apariencia de tal, sen que se busque realmente o acordo e a mellora da norma. Non imos a tolerar que se xogue con nós e cos/cas funcionarios/as a quen representamos, facendo unha especie de teatrillo negociador e  ao final se aprobe esto sen o consenso sindical maioritario. Si se intenta representar unha  especie de paripé, e resulta que xa estivera todo atado e sen posibilidade de cambios sustanciais, STAJ non vai seguir ese xogo e así o denunciaremos no propio acto, e non asumiremos o que dali saia.
IMOS CON ÁNIMO DE NEGOCIAR PARA MELLORAR NO POSIBLE ESE BORRADOR, PERO NON SEREMOS COMPLICES DE ENGANOS NIN FIGURANTES DUNHA PARODIA QUE SÓ BUSQUE BLANQUEXAR UN MAIS QUE MELLORABLE TEXTO, A VER QUE NOS ATOPAMOS.

Preme aquí para acceder ó borrador

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.