Ante as recentes
directrices tanto do CXPX, coma da Xunta de Galicia, e mais recentemente do
propio Goberno do Estado Español no dia de onte en relación as medidas a tomar
para a contención e non propagación do virus COVID19, estamos a quedar
estupefactos ao observar que en moitos xulgados da Comunidade Autonoma de
Galicia no se están a adoptar as medidas tan urxentes e necesarias que foron
comunicadas por estes organos.
Un dos casos
sangrantes é o dos xulgados de Corcubion, e os dos xulgados de paz que dependen
deste partido xudicial ( Camariñas, Cee, Muxía, Vimianzo e
Zas).
A dia de hoxe
aínda non se colocaron ningún tipo de dispensador nas dependencias destes
xulgados, a pesar de que contan con rexistros civís e xulgado de violencia
sobre a muller, e a asiuidade coa que acuden os cidadáns a eles e moi elevada.
Postos en
contacto ca empresa CLECE, que é a que leva a colocación destes aparatos na
maioria dos xulgados da comunidade, comunicounos que eles non están autorizados
a colocación dos mesmos nos edificios dos xulgados anteriormente ditos, xa que
a limpeza dos mesmos no corre a cargo deles, senón directamente da Xunta de
Galicia, polo que, se non reciben unha orde directa non os colocarían.
Desde STAJ se
solicita a DXX que no día de hoxe se proceda a colocar ditos aparatos de
dispensación de xel, para que tanto os propios funcionarios, coma os cidadáns
poidan utilizalos cada vez que o estimen convinte.
Non estamos a reclamar nada do outro mundo, solo que se
cumpla co acordado.
Se todos poñemos
da nosa vontade acabaremos con esta pandemia que esta a asolar o noso pais.
Debemos tomar tódalas precaucións posibles e para elo é necesaria a
colaboración INMEDIATA dos órganos de goberno que nos dirixen.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.