A Xunta de Galicia acaba de emitir un comunicado polo que se suspenden as clases en Galicia durante al menos 14 días pola pandemia de coronavirus.
Dende STAJ, ante esta medida, acabamos de remitir unha solicitude á Dirección Xeral de Xustiza para que se conceda un permiso específico aos proxenitores que teñan ao seu cargo a menores escolarizados ou o permiso por deber inexcusable (no OPAX) que se concedeu na sentencia gañada por STAJ para coidado de fillos menores ás persoas que teñan ó seu cargo a menores que necesitan o coidado dos seus pais ou nais.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.