sábado, 14 de marzo de 2020

Borrador da dotación de persoal configurado polo Ministerio de Xustiza

Hoxe sábado, á espera de que o Consello de Ministros decrete o estado de alarma e concrete as medidas a tomar contamos, como único documento relativo á dotación de persoal nos órganos xudiciais,  cun borrador elaborado polo Ministerio de Xustiza para LAJ e para o persoal que presta servizos nese ámbito. 


Non é mais ca un borrador que nos pode servir de medidor para o que poida acordar a Dirección Xeral de Xustiza, a que non nos fartamos de pedirlle que o publique antes de chegar o luns porque nos obrigaría a presentarnos nas oficinas e establecer os turnos de non ser posible facelo con anterioridade.  O obxectivo debe ser evitar o movemento de persoal, e para iso debemos ter unha norma na que ampararnos ou unhas instruccións expresas neste sentido.


Deixámosvos o contido do borrador elaborado polo Ministerio a efectos informativos, de momento non hai nada publicado, nin sequera para ese ámbito.


RECORDADE QUE SE TRATA SÓ DUN BORRADOR QUE AINDA NON TEN VIXENCIA, PERO CREEMOS QUE O QUE PUBLIQUEN PARA OS FUNCIONARIOS DE XUSTIZA EN GALICIA, SERÁ MOI SIMILAR A ESTE

Preme aquí para acceder ó texto do borrador, entre hoxe e o luns  poderia vela luz como norma en vigor.



Seguiremos informando



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.