martes, 3 de diciembre de 2019

Staj pide persoal de reforzo para o xulgado nº 1 de Caldas de Reis..

Onte  mandamos este escrito a DXX para pedir, unha vez máis, un reforzo para os xulgado nº1 de Caldas de Reis:

ENRIQUE ARAUJO MARTINEZ, en calidade de representante do Sindicato de Traballadores/as da Administración de Xustiza.

Dende Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción nº1 de Caldas de Reis levase pedindo persoal de reforzo dende fai cinco ou seis anos, peticións que foron apoiadas por este sindicato sabedor da necesidade dunha persoa máis que axude a rematar co atraso xerado por unha constante inestabilidade no plantel de funcionariosa/os, que por diversos motivos estiveron de baixa ou cambiaron de destino por concurso ou substitución,e que nin uns nin outros foron substituidos pola Administración coa rapidez desexada, deixando moitas veces pasar meses antes de designar un interino ou un substituto. Esto foi redundando nun maior atasco e retraso que se fixo palpable en pouco tempo, e impediu un maior rendimento e eficacia no desenrolo das funcións e no trámite dos procedementos que se ìan amoreando.

Tamén ten moito que ver neste retraso no trámite a levanza por este órgano do Rexistro Civil, tendo un funcionario/a menos de tramitación que outro xulgados similares como o de Lalín ou Marín, o que obriga a prescindir dunha persoa que tramité os pleitos.

Agora que parece que esa Dirección Xeral se diu conta do problema e que ten, por boca do propio Director, vontade de arranxalo cun aumento do plantel nunha persoa máis do Corpo de Tramitación, resulta que de momento ainda non se iniciou o trámite pertinente que debe rematar co visto bo do Ministerio de Xustiza, trámite, que si ben e sinxelo, pode tardar meses en contar co beneplácito do órganos aludido.

E por eso que cremos que sen demora se debe designar un interino de reforzo do Corpo de Tramitación que preste as súas funcións ata que definitivamente se incorpore a este órgano a persoa que de xeito definitivo veña a ocupa a praza na que se incremente o plantel deste xulgado, todo co gallo de atallar a crecente retraso na tramitación dos asuntos e no despacho de certificacións e tramites do Rexistro Civil.

Pontevedra a  27 de novembro de 2019.


DIRECCION XERAL DE XUSTIZA.

Rúa de Madrid 2-4, 2º andar.- S A N T I A G O 
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.