O mércores 27 de novembro de 2019 non foi posible a publicación a través do OPAX das prazas ofertadas dos corpos de xestión, tramitación e auxilio :
As prazas ofertadas son:
XESTIÓN
- FISCALIA DE VIGO (CXPA)- Substitución do/a titular
- XULGADO PRIMEIRA INSTANCIA Nº 8 VIGO (CXPA) –IT DO/A TITULAR
Non é posible a publicación a través do OPAX das prazas ofertadas do corpo de xestión por non existir a ratio de duas persoas por praza .
Ofertadas as prazas a única persoa disponible na lista escolle por orde de preferencia a do xulgado de primeira instancia nº 8 de Vigo.
Ao non existir tampouco ningunha persoa dispoñible nas bolsas do corpo inmediatamente superior ou inferior , nin ningunha persoa baremada fora da bolsa, acudirase para cubrir o posto FISCALIA DE VIGO (CXPA)- Substitución do/a titular ao servizo público de emprego da Comunidade Autónoma.
TRAMITACIÓN
- XULGADO 1ª INSTANCIA E INSTRUCIÓN Nº 1 DE CAMBADOS (CTPA)- Substitución do/a titular
Non é posible a publicación a través do OPAX da praza ofertadas do corpo de tramitación por non existir a ratio de duas persoas por praza .
Segundo o establecido na disposición adicional segunda, punto 3 da ORDE do 4 de outubro de 2018 sobre selección e nomeamento de interinos para cubrir postos de funcionarios dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia: “ de se esgotaren dentro dunha bolsa os integrantes dunha zona concreta de preferencia, os pertencentes dentro da mesma provincia á outra zona de preferencia estarán obrigados, …a aceptaren o chamamento para a outra zona de preferencia”.
AUXILIO XUDICIAL
- XULGADO PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN N. 2 CALDAS DE REIS – (CAX)-Vacante
- XULGADO DE PAZ DE MOAÑA (CAX)- Vacante
- XULGADO DO SOCIAL N. 3 VIGO (CAX)- Substitución do titular
- DECANATO DE PONTEVEDDRA (CAX) -Reforzo
- DECANATO DE PONTEVEDRA (CAX) Reforzo
- DECANATO DE VIGO (CAX) Reforzo
- DECANATO DE VIGO (CAX) Reforzo
Ao non existir ningunha persoa dispoñible da bolsa de auxilio xudicial nin tampouco ningunha persoa dispoñible nas bolsas do corpo inmediatamente nin ningunha persoa baremada fora da bolsa, acudirase para cubrir os postos ao servizo público de emprego da Comunidade Autónoma.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.