O secretario de Estado de Xustiza, Manuel Jesús Dolz; e a directora xeral de Modernización da Xustiza, Sofía Duarte; presentaron esta semana tres novas aplicacións tecnolóxicas desenvoltas polo Ministerio de Xustiza para auxiliar o traballo de xulgados e fiscalías e atender as demandas dos operadores xurídicos.
Por unha banda, presentouse a Calculadora 988, que calcula as condenas en casos de acumulación de sentenzas e mostra a combinación máis favorable para o reo entre todas as posibilidades. Esta ferramenta utiliza un algoritmo definido pola Fiscalía do Tribunal Supremo a partir do marco legal establecido no artigo 988 da Lei de Axuizamento Criminal, o artigo 76 do Código penal e o Acordo do Pleno Non Xurisdicional da Sala Segunda do Tribunal Supremo de 27-06-2018, relativo á fixación de criterios en acumulación de condenas.
Esta calculadora axiliza a xestión dos órganos xudiciais, fiscais e das institucións penais en relación a esta materia, e incrementa a fiabilidade do proceso ao evitar posibles erros no cálculo das acumulacións. Así mesmo, supón un aforro significativo de recursos ao reducir a escasos segundos unha operación para a que, nalgúns casos, empréganse actualmente ata varias xornadas.
A implantación desta calculadora, que xa se testou na Fiscalía Provincial de Madrid, na Fiscalía do Tribunal Supremo e entre os /as maxistrados/as da súa Sala Segunda, realizarase progresivamente nos órganos xudiciais e fiscais do ámbito competencial do Ministerio de Xustiza ao longo do primeiro trimestre de 2020.
As persoas responsables do Ministerio presentaron ademáis un sistema de xeración automática de documentos de texto a partir das gravacións dos xuízos e comparecencias xudiciais, o que facilitará a procura, localización e acceso ao seu contido a partir de palabas clave das intervencións faladas. Actualmente, a ferramenta está a probarse na Oficina Xudicial de Cuenca.
Por último, desenvolveuse tamén unha aplicación de firma dixital manuscrita para recoller a rúbrica da cidadanía nas súas comparecencias ante a Administración de Xustiza nos supostos nos que non dispoñen de firma electrónica. Actualmente, o proceso obriga a imprimir e escanear o documento coa firma manuscrita. Con este novo sistema, esta realizarase nunha tableta, o que xerará un documento electrónico que poderá ser incorporado directamente ao expediente dixital.
O proxecto piloto desta aplicación arrincará nos xulgados de Segovia nos próximos días. A súa posta en marcha será progresiva nos órganos xudiciais e fiscalías das comunidades autónomas de Castela A Mancha, Castela e León, Estremadura, Illes Balears, Región de Murcia e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla.
O Ministerio de Xustiza impartirá formación e soporte técnico aos usuarios destas novas ferramentas para a súa correcta utilización.
Preme aquí para acceder á noticia en noticias.juridicas.com
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.