domingo, 24 de noviembre de 2019

Igualdade laboral: debate sobre igualdade no sector público

Por primeira vez na historia das administracións públicas españolas mulleres que traballan neste ámbito profesional reuníronse esta semana en Madrid para debater sobre aquelas cuestións que lles afectan no marco do I Congreso Nacional de Mujeres no Sector Público.


A Secretaria de Estado de Igualdade, Soledad Murillo, foi a encargada da conferencia inaugural onde declarou que “o rango é unha oportunidade para facer cambios” e felicitou ás mulleres por asociarse.

A Asociación de Mujeres no Sector Público naceu apenas hai un ano e ten como obxectivo visibilizar o talento e poñer en valor o traballo das mulleres que traballan no sector público, xa que a pesar de que as mulleres son maioría neste sector menos do 30% dos postos directivos están ocupados por mulleres.

Preme aquí para acceder á noticia completa publicada en noticias.juridicas.com

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.