viernes, 22 de noviembre de 2019

Substitucións: proposta de reforma "express" da normativa actual.

HOXE A DXX MANDOUNOS O SEGUINTE MAIL:

Achégase resolución pola que se modifica a Resolución do 7 de maio de 2008 pola que se regulan as substitucións entre funcionarios ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.
A modificación recolle a previsión xa existente nos borradores de ordes que regulan as comisión de servizos máis as substitucións en canto á penalización das renuncias nestas formas de provisión de postos, e que foi tratada en distintas mesas técnicas e na última mesa sectorial.
Por outra parte, elimínase como causa de finalización da substitución a falta de desempeño durante 15 días hábiles.
O que se comunica para que, no prazo de 5 días hábiles se formulen as alegacións que se estimen pertinentes.
As alegacións deberán remitirse  por correo electrónico ao seguinte enderezo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta.es

DEIXAMOS NO SEGUINTE ENLACE A PROPOSTA COMPLETA.

 Proposta de modificación das substitucións