martes, 15 de octubre de 2019

Novos avisos de desocupación de postos para a sua cobertura por substitución entre titulares

Onte saíron publicados novos avisos de desocupación de postos  de traballo que actualmente se atopan desocupados por estaren vacantes ou por ausencia do titular por periodos de longa duración,  para a súa cobertura mediante substitución entre titulares.
As prazas ofértanse conxuntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal é conforme a normativa reguladora poderán solicitar estas substitucións o persoal funcionario de carreira dos corpos xerais que estea en situación de servizo activo e prestando efectivamente servizo, tendo preferencia as substitucions verticais, e dentro de cada un dos apartados operarán os criterior de preferencia determinados na devandita norma.
Mentras non se habilite a opción de solicitudes a través de OPAX, as petición deberán sr cubertas conforme ao anexo II bis (solicitude de substitución entre titulares), dispoñible na intranet e presentadas por correo electrónico, ao enderezo servicio.persoal.xustiza@xunta.gal, ou ao fax 981 546 222 non admitindose as solicitudes que se reciban por outro medio. A proba de entrega será o acuse de recibo do fax ou email enviado, sin que sexa  necesario achegar ningún tipo de documentación coa petición que se formule.
O prazo de presentación das solicitudes será de TRES DIAS hábiles dende a publicación da resolución (15,16 e 17 de outubro de 2019).

As prazas que se ofertan son:

1. A CORUÑA:
- Sección 2ª da A.P: vacante: CAX
- Xdo 1ª Instancia nº 4 : licencia por enfermidade: CAX
- Xdo. 1ª Instancia nº 12: Vacante: CXPA
- Xdo. 1ª Instancia nº 2 de Santiago: Comisión Servizos: CTPA
- Xdo. 1ª Instancia nº 2 de Ferrol: licencia enfermidade: CXPA
- Decanato, S.C. Apoio Ferrol: licencia por enfermidade: CTPA
- Xdo. Paz de Malpica: liberación sindical: CXPA

2. PONTEVEDRA
- Xdo. do social nº 4 Vigo: licencia por enfermidade: CXPA
- Xdo. 1ª Inst. e Instrucción nº 3 Porriño: Vacante: CXPA
- Xdo. Paz de  Vila de Cruces: Vacante: CXPA

 Ver Orden
Solicitude

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.