O pasado dia 10 de outubro, na reunión que mantivo o Comité de Seguridade e Saúde laboral de Xustiza, STAJ instou unha vez mais que se implemente un plan de formación continua en materia de prevención de riscos laborais, por considerala imprescindible para garantir a seguridade e saúde dos traballadores xa que unha adecuada formación permite adoptar as medidas preventivas que sexan necesarias para evitar futuros accidentes de traballo.
Por tanto, non nos estamos referindo a unha formación de contido profesional que afecta á nosa actividade diaria, senón a unha formación en materia preventiva que sexa eficaz, integral, suficiente e adecuada ao posto de traballo.
Para iso requírese, e así se volveu a solicitar, un plan de formación continua no que se teña en conta, todas as necesidades formativas que se detecten nas avaliacións de riscos, accidentes de traballo ou plans de emerxencia que se implementen nos diferentes centros de traballo.
Con esta formación, pretendemos que todos os traballadores teñamos os coñecementos necesarios e suficientes para alcanzar o mais alto nivel de seguridade e saúde así como a máxima integración da prevención en todo os colectivos de traballadores da xustiza galega a través dunha cultura preventiva da que todos sairemos beneficiados.
Este plan de formación continua debería constar de:
1. Accións formativas específicas, para que os traballadores obteñan a formación e información necesarias sobre os riscos específicos do seu posto de traballo e as medidas de protección concretas recomendadas para evitar ou minimizar eses risco.
Este tipo de formación terá carácter obrigatorio para os traballadores aos que vai dirixida por tanto, NON DEBERIA SOLICITARSE de forma individual xa que o propio servizo de prevención sería quen tería que contactar cos traballadores a través do xefe da oficina xudicial e intranet para, unha vez que sexa fixada a data de celebración. comunicarlles o inicio da formación asignando as prazas segundo criterios técnicos dependendo do grupo de traballadores aos que vai dirixida (forenses, xestores, tramitadores e auxilio)
2.. Accións formativas complementarias, que serven para completar a formación específica en materia de P. R. L, estendéndose a outras áreas da prevención non directamente relacionadas cos riscos do posto de traballo, o que axudaría a fomentar unha cultura preventiva xeral.
3.. Accións preventivas de promoción da saúde, para previr a enfermidade ou o dano á saúde en persoas sas e difundir hábitos saudables para mellorar o estado de saúde xeral