Os Secretarios/as Coordinadores provinciais a través dos seus protocolos de actuación, así como doutras decisións de caracter procesual, son determinantes para concretar moitas dos cambios que acompañan a nova oficia xudical, e como os van a levar a cabo os LAJ, por iso representantes de STAJ reunímonos co Secretario Coordinador de Pontevedra para tratar distintos temas con relación á implantación dos tribunais de instancia, tanto nas vilas da Fase I, xa en vigor dende o pasado un de xullo, como nas cidades da provincia (Pontevedra e Vigo), que terán que estar implantados o día un de xaneiro de 2026.
Con respecto á Fase I, trasladámoslle as numerosas queixas e descontento en xeral polos cambios que se están a levar a cabo e o xeito dos letrados/as Directores de afrontalos, moitas veces sin escoitar ao straballadores e sen explicacións nin xutificacións.
Nalgunhas localidades non se están a establecer por escrito polos LAJs directores as distribucións de funcións e materias entre os funcionarios, nalgunha na que sí se estableceron por escrito, xa se están a incumplir ou os propios LAJ de palabras contradicen o que dispón o instrucción dada por escrito, outras designan a funcionarios de corpos xerais como enlace entre o xuiz e a oficina. Con respecto á designación deses funcionarios como nexo entre xuices e oficina mostramos as nosas reservas, pois trátase de unha función que non aparece recollida entre as propias de ningún dos corpos xerais, nin na normativa nin tampouco nas rpts se recolle nin é retribuida.
Trasladámoslle a problemática dalgúns Tribunais de Instancia pola drástica diminución de persoal destinado a tarefas de instrucción con respecto aos anteriores xulgados mixtos, falouse do caso de Cangas, por ser o mais sangrante, e o Secretario coordinador comprometeuse a revisar os datos por si fose necesario facer algún cambio.
Fixémoslle saber tamén dos problemas, mais ben o caos, que sofren os funcionarios/as de Vilagarcía, explicandolle polo miudo tódolas decisións que se tomaron e que afondan no desorden e na mais absoluta falta de criterio, tamen lle trasladamos as queixas xeralizas que nos fixeron os compañeiros/as.
No referido á Fase III, non nos pode concretar moito do que serán os protocolos de Pontevedra e Vigo, porque está á espera de recibir os protocolos de referencia do Ministerio. Nos di que ten algo de marxe para modificar eses protocolos, pero que unha parte importante dos protocolos de referencia tense que manter neses protocolos das cidades.
Tendo en conta que hai aspectos aínda descoñece se vai poder regular ou non no protocolo, a idea que nos trasmite é a seguinte:
Gustaríalle dividir as áreas en equipos e os equipos en grupos de traballo. Plantexa a posibilidade, aínda sen decidir, de que os auxilios traballen formando grupos ou células por funcións (sala, correo, arquivo, etc.), pero sen ter claro aínda se establecer rotacións nesas funcións entre cada grupo ou manter a cada grupo coas súas funcións de forma permanente. Dende STAJ lle manifestamos que entendemos que é preferible para os funcionarios de auxilio que exista rotación, de forma que non teñan que estar a facer a mesma tarefa todos os días, xa que hai tarefas moito mais sacrificadas que outras. Respecto da ubicación dos postos de traballo destes funcionarios manifesta que poderían, en moitos casos, manter a ubicación actual, pero que debe falarse ca DXX e cos LAJ Xefes dos Servizos Comuns Xerais para determinarse definiftivamente. Sí nos informa de que pretende que os auxilios xudiciais que vaian prestar servizo, non dixo cantos, aos órganos do edificio da Audiencia Provincial de Pontevedra estean físicamente no edificio da Audiencia
Non concreta a forma de traballar en cada área (por números, por fases do procedemento, por materia concreta...) Pretende escoitar aos letrados e aos funcionarios de corpos xerais para decidilo, sempre e cando llo permitan os protocolos de referencia.
A súa idea é que exista un protocolo distinto para cada servizo común: un para servizo común de tramitación, outro para servizo común xeral e outro para servizo común de execución
Desminte a posibilidade de que nas áreas de actos de comunicación se leven a cabo funcións moi distintas ás que se levan na actualidade nos servizos comúns de actos de comunicación (tramitación dos medios adecuados de solución de controversias ou encargarse de toda a correspondencia da localidade)
Descoñece que tarefas en concreto farán os xestores, tramitadores e auxilios xefes de área e que pretende decidir cos xefes do servizo Común correspondente.
Segundo o seu criterio, parécelle que o máis lóxico é que se cambie a localización física dos funcionarios nos edificios segundo a área na que estean destinados, aínda que podería haber excepcións.. Tamén lle parece lóxico que os funcionarios do Servizo Común de execución da Audiencia Provincial se sitúen físicamente no edificio da Audiencia, asi como os que rexistran e reparten para ese órgano xudicial.
Respectos das súas manifestacións asegurando que nos servizos comuns que integran varias materias ou procedementos de varias xurisdiccións, os funcionarios poderían ter que levar expedients de dúas ou mais materias, STAJ lembroulle a imposibilidade que de esto se poida levar a cabo, no caso de persoal confirmado no posto, salvo a conformidade expresa do funcionario/a afectado, ao que manifestou que nunca se faría en contra da vontade do traballador/a.
Todas estas consideracións son ideas ou propostas do Secretario Coordinador que non están decididas de xeito definitivo e pretende que sexan consensuadas no posible cos LAJs, xuices e funcionarios de corpos xerais
Consideracións xerais:
Non ve inconveniente en que os protocolos se poidan modificar as veces que sexa necesario, en particular si se produxesen cambios nas RPTs.
O secretario coordinador insiste en que lle interesa que a maior parte posible do persoal estea satisfeito coa nova forma de traballar, para o que pretende escoitar as preferencias dos funcionarios e telas en conta na medida do posible.
Como conclusión á xuntanza, queda casi todo por saber en canto á forma concreta de traballar. Aspectos como a forma de repartir o traballo entre os funcionarios, se se vai dividir a tramitación por fases nalgún área, o reparto dos expedientes vivos, as funcións dos xefes xestores, tramitadores e auxilios e moitas outras cuestións que son moi importantes no día a día do persoal, están aínda sen definir, principalmente á espera dos protocolos de referencia.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras