miércoles, 16 de octubre de 2019

STAJ solicita urxente convocatoria de Mesa de Negociación para tratar os temas de Comisións de Servizo e Substitucións

Hai polo menos un ano e medio que STAJ presentou escrito solicitando a convocatoria urxente da Mesa de Negociación para tratar o tema das Comisións de Servizo e as substitucións.

Onte volveuse a facer a mesma petición reiterando o seu carácter urxente  dado que hai temas que deben tratarse sen mais dilacións debido á súa gran relevancia.

STAJ interesa que as Comisións de Servizo e as Substitucións, sexan reguladas de forma separada como única vía para solucionar, entre outras, as seguintes cuestións:
  •  Como se realizará a oferta de prazas de liberados  sindicados  (Comisión  ó Substitución).
  • Ofrecer en substitución as prazas que deixen aqueles compañeiros que obtiveron outra praza por Comisión.
  • Cambios dunha substitución a outra.
  • Establecemento das causas de renuncia á hora de realizar unha substitución e establecemento de sancións por incumprimento.
  • Reformar as prioridades territoriais para a adxudicación de prazas que se oferten en substitución.
  • Mantemento de substitucións en caso de ausencia temporal do substituto.
  • Substitucións horizontais e verticais e a súa preferencia.
Ver escrito

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.