No día de hoxe publícase na Intranet e na Web da Consellería resolución da Dirección Xeral de Xustiza relativa aos ceses e tomas de posesión en relación ao Concurso de Traslados 2023 convocado por Orden Orden JUS/1102/2023, do 27 de setembro.
O vindeiro 10 de maio do 2024 está previsto que se publique no BOE e no DOG a RESOLUCIÓN do 24
de abril de 2024 da Dirección Xeral de Xustiza da Consellería de Presidencia, Xustiza e
Deportes, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados ordinario para prazas
vacantes entre persoal funcionario dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa,
tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza.
1.- Ceses. O persoal funcionario titular que obtivo praza no concurso cesará no seu anterior destino
definitivo e máis no destino que, no seu caso, ocupe en substitución ou comisión de servizos
nas seguintes datas:
• Tramitación Procesual e Administrativa: o 20/05/2024.
• Xestión Procesual e Administrativa e Auxilio xudicial: o 21/05/2024.
2.- Tomas de posesión.
O persoal adxudicatario de prazas na mesma localidade onde presta servizo disporá de 3 días
hábiles para a súa incorporación ao novo destino, de 8 días hábiles se hai cambio de localidade,
e de 20 días hábiles ou dun mes, segundo a comunidade de procedencia.
Os prazos empezan a contar dende o día hábil seguinte á data do cese.
No caso de que unha persoa funcionaria reingresada tome posesión antes das datas indicadas
na resolución pola que se resolve o concurso de traslados na praza doutra en activo que tamén
obtivese destino no concurso, esta segunda cesará o mesmo día da toma de posesión da
reingresada, empezando a contarlle o seu respectivo prazo posesorio.
3.- Formalización dos ceses e tomas de posesión:
Por cuestións organizativas, tanto os ceses como as tomas de posesión realizaranse
preferentemente de xeito telemático, a través do correo electrónico do Servizo de Xustiza da
Dirección ou Delegación territorial correspondente, para o que a persoa interesada poñerase
en contacto co servizo de xustiza da provincia competente para tramitar o cese ou a toma de
posesión a través do correo electrónico.
Dirección Territorial da Coruña (Servizo de Xustiza)
Rúa Vicente Ferrer, 2. Edificio
Administrativo Monelos.
15008 A Coruña
Tlfno. 981 184 472/981 184 456
Correo electrónico: servizo.xustiza.coruna@xunta.gal
Dirección Territorial de Lugo (Servizo de Xustiza)
Ronda da Muralla, nº 70.
27071 Lugo
Tlfno. 982 294 308/982 889 077
Correo electrónico: persoal.presidencia.lugo@xunta.gal
Dirección Territorial de Ourense (Servizo de Xustiza)
Avenida da Habana, nº 79.
32004 Ourense
Tlfno. 988 386 408/ 988 386 028
Correo electrónico: sxsal.xustiza.ourense@xunta.gal
Dirección Territorial de Pontevedra-Vigo (Servizo de Xustiza)
Rúa Concepción Arenal, nº 8, 4º andar
36201 Vigo (Pontevedra)
Tlfno. 986 817 716/986 817 006
Correo
electrónico: servizoxustiza.vi@xunta.gal
4.- Substitución e comisións de servizo:
O persoal funcionario titular que obtivo praza no concurso e está a desempeñar unha
substitución ou comisión de servizos cesará nestas, na mesma data do cese no seu posto
definitivo de orixe.
O persoal funcionario titular que non obtivo praza no concurso e que está desempeñando
unha substitución ou comisión de servizos en órganos desta comunidade autónoma nunha
praza que non foi adxudicada no concurso, poderá continuar na substitución ou comisión de
servizos. Así mesmo, poderá continuar na substitución ou comisión de servizos no caso de que
a praza fose adxudicada pero o seu titular non se incorpore efectivamente, en tanto dure a
dita situación.
5.- Persoal interino:
O persoal funcionario interino que ocupe unha praza que fose adxudicada no concurso cesará,
de conformidade cos criterios previstos no artigo 21 da Orde do 4 de outubro de 2018 sobre
selección e nomeamento de persoal interino para cubrir postos de persoal funcionario dos corpos
xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia. Se houbese máis dunha persoa
funcionaria interina no mesmo órgano, o cese producirase aplicando os criterios de cese
fixados no mesmo artigo.
6.- Desfrute de vacacións, permisos e licenzas:
O persoal que obtivese praza no concurso e se atope desfrutando de vacacións, permisos ou
licenzas cesarán trala súa finalización con efectos do primeiro día hábil tras o seu desfrute.
Así mesmo, aquelas persoas funcionarias que tivesen concedido un permiso ou licenza
pendente de desfrutar, deberán solicitalo no novo destino.
7.- Documentación e trámites necesarios:
1) Persoal procedente de fóra da comunidade autónoma de Galicia
O día seguinte ao cesamento no destino de orixe, deberán achegar ao servizo de persoal da
Dirección territorial que corresponda, mediante correo electrónico, a seguinte documentación:
• Fotocopia do DNI.
• Cese.
• Certificado ou copia dos trienios recoñecidos.
• Ficha de recollida de datos (persoais e bancarios).
• Fotocopia da tarxeta sanitaria onde conste o nº de afiliación da Seguridade Social
(unicamente para ingresos posteriores ao 01/01/2011) e fotocopia da tarxeta de
MUGEJU.
• Certificación das vacacións e días de asuntos particulares gozados no 2024 na
Administración da que procedan. A certificación deberá de indicar os días de vacacións
e asuntos particulares correspondentes a 2023 que, no seu caso, estean pendentes de
desfrutar por razóns xustificadas.
2) Persoal con destino na comunidade autónoma de Galicia
• Fotocopia do DNI.
• Ficha de recollida de datos (persoais e bancarios).
3) Persoal que obtén destino fóra da comunidade autónoma de Galicia
O persoal que obteña un novo destino fóra da comunidade autónoma de Galicia, no momento
de formalización do cesamento, deberá facer entrega da tarxeta de identificación persoal e
control horario.
Tamén deberá facer entrega desta no caso de non ter que formalizar cesamento algún por
reingresar fóra da comunidade autónoma nun corpo distinto do que estaba a prestar servizos.
Así mesmo, no caso de contar coa tarxeta de identificación especial por razón do destino que
viña desempeñando, deberá devolvela ao servizo de persoal correspondente.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras