martes, 13 de octubre de 2026

STAJ denuncia a Xunta de Galicia por non facilitar os datos do gas radón

O radón e un gas radioactivo que afecta a máis do 90% da poboación. A DXX ten a obriga de facer medicións e facilitar os datos. Esta obriga susténtase en tres plans fundamentais:

Real Decreto 1029/2022 (Regulamento sobre a protección da saúde contra riscos derivados da exposición a radiacións ionizantes). O periodo de moratoria rematou o 22 de xuño do 2024, data desde a cal as empresas e as administracións deben dispoñer das medicións.

A instrucción IS-47 do Consello de Seguridade Nuclear (CSN) que define oficialmente os municipios de actuación prioritaria.

A Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais que obriga a informar e protexer aos empregados fronte a calquera risco no seu posto.

Polo tanto os traballadores teñen dereito a coñecer os riscos do seu posto de traballo polo cal ten que porse a súa disposición os informes caNo ano 2024 instálanse os primeiros medidores de radón nos edificios xudiciais de Galicia. Ainda hoxe se descoñecen os resultados. Como sindicato temos constancia de que se están levando a cabo determinadas actuacións por parte da DXX como instalacións de tubos en solos, recomendación por parte do servizo de prevención de meter a ventilación, etc. Pero todo iso sin dar unha explicación nin mostrar os datos. Ante a negativa a facilitar esos datos, e comprobadas as medidasque están tomando en algúns lugares, sin ningún tipo de explicación, vímonos na obriga de presentar en cada unha das inspeccións de traballo denuncia (das cales achegamos copia) para que a DXX véxase obrigada a tomar as medidas adecuadas para eliminar a exposición a dito gas tóxico.

Debido a reticencia da Administración, despois de que STAJ o solicitara en varias ocacións tanto por escrito como de forma oral en distintas mesas do Comité de saúde e en mesas sectoriais; a día de hoxe seguen sen facilitarnos as medicións nin os datos concretos de cada sitio onde se mediron. Polo que STAJ vese na obriga de presentar denuncia ante a Inspección de Traballo de cada provincia para que obrigue a Administración a poñer en coñecemento dos traballadores esos datos e a tomar as medidas adecuadas paa que se mitigue ou se erradique a posibilidade de exposición ao gas radón de todos os traballadores da administración de xustiza de Galicia.

A Organización Mundial da Saúde identificou como a segunda causa de cáncer de pulmón, solo superado polo tabaquismo e sendo a primeira causa en non fumadores. A maioría dos casos de cáncer de pulmón inducidos polo radón están provocados por baixas ou moderadas concentracións, o que máis influe e o tempo de exposición. Canto mais exposición, mais posibilidades de collelo. O traballo en lugares cerrados, sen ventilación, entraña un risco maior cando existen concentracións elevadas do radón no interior.

justificante presentación denuncia A Coruña

Ver escrito denuncia A Coruña

justiticante presentación denuncia Lugo

Ver escrito denuncia Lugo

justificante presentación denuncia Ourense

Ver escrito denuncia Ourense

justiticante presentación denuncia Pontevedra

 

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras