martes, 19 de febrero de 2019

Dous traballadores/as realizan as súas funcións en 4,5 metros cadrados.

No Decanato de  Vilagarcía consolidouse o reforzo e agora conta con dúas persoas que se van adicar a tarefas de rexistro e reparto de asuntos.
O problema ven cando no oco no que está agora mesmo unha persoa, sen espazo dabondo para dispoñer do mobiliario coas medidas axeitados esixidas pola normativa, meten as dúas persoas como sardinas en lata. Estamos a falar de un oco de 3 metros de longo por 1,5 de ancho, situado na planta baixa do edificio xudicial, oco que agora están a compartir dous traballadores/as cunha sola mesa e un solo ordenador, sen posibilidade de poder traballar os dous a vez, ou traballa un ou traballa outra.
Esta situación coñecea directamente o Director Xeral de Xustiza dende fai meses,  por iso que antes do Nadal estivo visitando as instalacións, e unha vez vista a imposibilidade da meter a dúas persoas nese oco, comprometeuse a facer unha pequena obra para agrandar esa oficina a costa da oficina contigua, incluso despois desa visita pasou por  edificio un construtor ao que a Xunta lle encargou facer a obra de ensanchamento da oficina do Decanato, pero todo quedou en nada por que a Xunta hai uns días lle comunicou a Letrada do Decanto que non ten cartos para iniciar ese reforma, que está presupostada en menos de 2.000 euros.
Dende este sindicato esiximos  o cumprimento da normativa sobre  a saúde e riscos laborais e demais normativa aplicable, para que os traballadores/as teñan unhas condicións minimamente dignas no seus postos de traballo, que se reformen a oficina para que conte con espazo suficiente para que traballen  dúas persoas. Por suposto que se lles proporcionen medios materias ( sillas, mesas , estanterias, ordenadores, impresoras) para que poidan desenrolar o seu traballo de maneira independente, sen depender un do ordenador do outro. Como é posible que de suas persoas solo poida traballar unha? Como é posible que non haxa cartos a primeiros de ano?
STAJ xa puxo en coñecemento da inspección de traballo está situación inconcebible nun país europeo.
Ver noticia no faro de vigo


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.