No DOGA de hoxe, sae publicada a resolución de 14 de febreiro de 2019, pola que se convoca o programa de autoformación dirixido a TODO o persoal ao servizo das diferentes administracións da Comunidade Autónoma incluindo de forma expresa, o persoal, da Administración de Xustiza de Galicia e ofrece cursos relativos a diferentes áreas de formación coa finalidade de adquirir coñecementos para o desenvolvemento de calquera posto de traballo a través do sistema de autoformación para facilitar os/as traballadores/as que por barreiras xeográficas ou razóns de conciliación non poden participar na formación presencial podendo acreditar a súa competencia mediante unha proba voluntaria, que lle dá dereito a obter un certificado de equivalencia.
Por tal motivo, o programa dispón de dúas opcions que aínda que son compatibles entre elas, tamén son independentes a unha da outra:
- Pódese acceder os contidos das actividades sen máis trámite que o de inscribirse na zona de matricula da EGAP.
- pode solicitar presentarse as probas de avaliación (que non son obrigatorias para acceder ós contidos nin tampouco para poderse matricular nelas).