martes, 15 de enero de 2019

STAJ Informa: Convalidación titulacións académicas

O Real Decreto 967/2014, do 21 de novembro, establece os requisitos e o procedemento para a homologación e declaración de equivalencia a titulación e a nivel académico universitario oficial e para a convalidación de estudos estranxeiros de educación superior, e o procedemento para determinar a correspondencia aos niveis do marco español de cualificaciones para a educación superior dos títulos oficiais de Arquitecto, Enxeñeiro, Licenciado, Arquitecto Técnico, Enxeñeiro Técnico e Diplomado.

O procedemento instrúe un expediente que dará como resultado unha resolución co procedemento que corresponda. Enténdese que o devandito trámite levará un tempo, polo que vos recomendamos que, no caso de que queirades facer valer a vosa antiga titulación no próximo proceso selectivo, tanto de turno libre como de promoción interna, iniciedes os trámites canto antes.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.