No ámbito do traballo, con frecuencia, prodúcense situacións de indefensión das persoas cando sofren danos para a súa saúde. En xeral, son diversas as situacións nas que pode resultar difícil lograr o recoñecemento efectivo da orixe profesional dos danos sufridos.
Dentro de ditas situacións atópanse, entre outras, as das persoas con sensibilidade a axentes químicos presentes na contorna de traballo, susceptible de afectar a quen desenvolve as súas tarefas en edificios herméticos, nos que non é posible utilizar ventilación natural e prodúcese a acumulación no ambiente de axentes perigosos procedentes de pinturas, recubrimientos ou produtos de limpeza.
Recentemente a Xustiza, en concreto o Xulgado do Contencioso Administrativo nº1 de Ourense, recoñeceu como accidente de traballo a síndrome de sensibilidade química múltiple desenvolto por unha funcionaria da Xunta. Esta sentenza é un destacado precedente para que casos parecidos sexan recoñecidos tamén no futuro como accidente de traballo.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.