viernes, 21 de diciembre de 2018

Reforma da LOPX; sen loita non hai trunfo.

Onte aprobouse polo Congreso a reforma da LOPX,  a pesares de que varios Sindicatos de xeito irresponsable, malicioso, falaz e temerario sacaron notas informativas nas que  aseguraban que STAJ vendera ao colectivo en Madrid, que tiñamos un pacto co Ministerio, que asinaramos a reforma tan nociva que nos querián imponer ( eso sí sen unha sola proba) e que o das movilizacións e a folga era solo un paripé.

Sindicatos que se excusaron nestas patrañas para non mover un dedo durante tres meses, para confundir e desmovilizar ao colectivo, e que de seguro, despois dun primeiro disgusto cando viron que STAJ era o Sindicato mais combativo contra esta inxustiza, onte levaron outro,  pois na súa estratexia, totalmente electoralista, solo cabía que a reforma nociva se aprobase para poder arrincar unha presa de votos, ainda que fose a costa do perxuizo de todas/os.

DESTACAMOS DESTA REFORMA OS PUNTOS SEGUINTES, todos eles solicitados por STAJ aos Grupos Políticos nas multiples reunións mantidas con eles tanto no Congreso como no Senado:
.- Devolvenos os tres dias con carácter retroactivo dende ano 2017, cunha condición os tres do ano 2017 e os tres do 2018 non se poden acumular entre sí, nin  as vacacións.
.- Anulase a reforma tan perxudicial que unificaba os centros de destino e deixaba nas máns da Admón a provisión dos postos de traballo en cada centro de destino.
.- Eliminanse da LOPX os descontos por Incapacidade Temporal (aquí en Galicia quitáronse grazas a folga, pero había CCAA nas que seguían vixentes, e mesmo aquí se poderían recuperar mentras estiveran na LOPX, con esta eliminación ningunha CCAA poderá recuperar os descontos por baixa laboral).
.- Actualizase as retribucións durante as baixas no caso de subidas salariais ou trienios,pois ata agora se había subida salarial ou cumprias un trienio durante a baixa non che pagaban ata despois da alta, pois a norma decía ue solo podias cobrar a mesma cantidade que o mes naterios a incapacidade.
.- Eliminase a posibilidade de cesar os reforzos aos seis meses, tendo que ser consolidados aos tres anos.
.-Introducción da Carreira Profesional que é aquela promoción dentro do mesmo Corpo ao que se pertence (hai que negociala co Ministerio, circunstancia importante porque vai ser unha regulación de carácter nacional o que significa que non haberá discriminacion nin nos criterios nin nas retribucións).

E certo que non conseguimos que se aceptase a reserva do 50% para a promoción interna, nin que se deixara sen efecto a imposibilidade de incremento de persoal no caso de nombramentos de Xuices de Adscripción para reforzar Xulgados e Tribunais, pero aínda así esto é un trunfo, un trunfo da valentía, da esforzó, do tesón,  da firmeza, un trunfo do colectivo….


                      UN TRUNFO DE TODAS/OS!!!.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.