lunes, 5 de noviembre de 2018

STAJ GALICIA MOBILÍZASE EN CONTRA DA REFORMA DO ARTIGO 521 DA LOPX

Durante este mes de novembro vaise tramitar a reforma no Senado da proposición de lei de reforma da LOPX, que xa foi aprobada no Congreso dos Deputados e que contén un dos ataques máis graves ao persoal da Administración de Xustiza que se ten dado nos últimos tempos. Esta agresión, acordada por case todo o arco parlamentar do Congreso dos Deputados, foi adoptada sen ter en conta aos traballadores e aos seus representantes  sindicais e, fundamentalmente, concrétase nos seguintes puntos:

A unificación en un só de tódolos centros de destino de cada municipio, que conlevará a movilidade forzosa sen garantías e obxectividade, prohibíndose o incremento de plantilla cando se designen xuízes/as de  reforzo. Por outra banda, elimina a posibilidade de que en aqueles órganos xudiciais con un exceso de carga de traballo o persoal de reforzo poida superar os 6 meses.

Co obxectivo de parar esta reforma no trámite parlamentario que queda no Senado, convocáronse por STAJ e os outros tres sindicatos con representación a nivel estatal,  varias  mobilizacións que rematan  o próximo venres día 16 de novembro cunha folga xeral a nivel nacional con  manifestación de todo o persoal de xustiza en Madrid.

Dende STAJ GALICIA , coa autonomía que temos dentro da organización do propio sindicato a nivel nacional, actuaremos sen esquecernos do recente conflito vivido en Galicia  e o importante desgaste tanto anímico como económico que sufrimos nese conflito todo o persoal galego, e deste xeito ACORDAMOS:

  •         Participar na convocatoria de folga xeral na xustiza e na manifestación en Madrid o día 16 de novembro. Aínda considerando suficiente o preaviso presentado en Madrid, dado que se trata dunha folga convocada a nivel nacional, para unha maior seguridade e garantía no exercicio do dereito de folga de todos os traballador@s de xustiza galegos,  STAJ Galicia presentará preaviso ante a Dirección Xeral de Xustiza e á Subdirección Xeral  de Relacións Laborais  da Consellería de Economía,  Emprego, e Industria.

  •         En Galicia, as mobilizacións farémolas en función de dúas premisas: primeira, o esforzo realizado durante tres meses polo persoal de xustiza na recente folga autonómica e, a segunda,  as relacións actuais de STAJ GALICIA cos outros tres sindicatos sen olvidarnos do seu proceder durante a folga da xustiza en Galicia.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.