Onte a Fiscalia de
Pontevedra notificou ao noso delegado nesa cidade o Decreto de arquivo das
Dilixencias de investigación abertas co gallo do acontecido nas votacions do día
27 de abril.
Por moito que se
empeñaron, ninguén poido demostrar o que non houbo:
Nin SPJ-USO coa denuncia que puxo a seu
Delegado, non liberado, sen estar presente nos feitos. Delegado elexido como
número dous por Ourense nas eleccións de 2015. Agora hai quen di que demitiu ao
pouco tempo para dar a entender que non actuou en nome de SPJ-USO. Pero xa sabedes que as demisións
neste sindicato son demisións de cachondeo, lembrade a demisión de Tejada
anunciada por whatssap e a de Yolanda
tamen anunciada en público, ao día de hoxe ámbolos dous seguen liberados e no
mesmo sindicato, como si nada. .
Nin os delegados e
afiliados de SPJ-USO que fixeron declaracións interesadas en contra de delegados doutros
sindicatos, temos copia de todo e podense ver e incluso se fose necesario
publicar, solo porque defendendimos ao colectivo e non nos doblegamos aos
intereses da Xunta, e ademáis declararon en contra de compañeiros/as para
buscar incriminalos solo por ser críticos coa súa deslealtade e por
recriminarlle a súa traizón.
Nin o Conselleiro
Rueda, que lles
marcou coas súas declaracións na prensa o camino a seguir, cando día tras día
falaba de intimidación, coaccións e fraude, e animaba a presentar denuncias
para tentar desprestixiar unhas votacións que, ainda despois de diseñalas
como eles quixeron sen deixarnos intervir en nada, lles saliron mal, pese a
preparalo todo para garantizar o éxito do “Sí”.
Nin o “todopoderoso”
Fiscal Xefe de Pontevedra, amiguísimo do Conselleiro, quen asumiu sen máis o expediente e fixo
unha instrucción chea de irregularidades procesais,
calificando os feitos de xeito interesado, impulsando e alargando o proceso con accións
máis propias de tempos inquisitoriais, buscando como fose a incriminación dos delegado e a de outros
compañeiros/as non sindicalistas. Durante
toda a instrucción, e mesmo no Decreto de arquivo, mantivo unha
posición partidista a favor do relato dos denunciantes a da propia postura da
Xunta para tentar desprestixiar as votacións. Permitese a licenza de chegar a
conclusións meramente personais e subxectivas, sen o mínimo rigor xurídico,
elaborando unha especie de burda película dos feitos que el mesmo se atreve a calificar
no Decreto de arquivo de xeito
innecesario e gratuito e sen contar con probas, contradecindose ao reconocer que nada de iso iba a prosperar ante un órgano
de enxuiciamento, recoñecendo que non houbo ninguen coaccionado nin intimidado,
recoñecendo que non lle consta ninguén que quixese e non puidese votar, que a
pesares de certos testimonios non houbo instigadores e que os videos son
insuficientes para formarse un criterio obxetivo do que pasou.
Flaco favor lle fai á Fiscalia, xa tan vilipendiada, comportamentos
como o de este fiscal que é un claro exponente dunha institución que, aínda
que en via de modernización, conta con membros, sobre todo nos postos de
dirección, achegados ao poder e cunha visión rancia tanto da sociedade á que
sirven como da súa labor como institución en defensa da legalidade.
Por suposto que este Decreto de arquivo de
actuacións ven a darlle validez as votacións e a confirmar a doble traizon dos
catro Sindicatos, que primeiro negocian
as costas de todos/as alargando a folga de xeito artificial para intentar
conseguir que, coa súa agonía, todos/as puidésedes aceptar de mellor grado un
preacordo dañino para o colectivo, e despois non recoñecen os resultados das
votacións que eles mismo diseñaron e controlaron, nas que non houbo ninguén que
impedira votar a nadie, nin ningunha
presión para votar nun sentido ou noutro, tampouco houbo
ningunha maquinación sindical ( salvo a dos propios convocantes) para adulterar os resultados, nin para
dirixir ou manipular a vontade dos compañeiros/as. O único que houbo foi unha explosión da impotencia, de rabia contida e de desazón polo que aconteceu con estes sindicatos durante todo o conflito, que se materializou en reproches aos representantes deses sindicatos na mesa das votacións, solo eso, e solo nese contexto se debe valorar o sucedido.
Pero ademáis confirma unha traizón a maiores dos
tres sindicatos asinantes que aceptaron tal cual o preacordo que se rexeitou
nas votacións, sen cambiar nin unha coma, que non fixeron ni a máis mínima
presión para intentar mellorar o que a Xunta ofrecía, e que se botaron nos
brazos do poder político sen importarlles nada daquelo polo que todos e todas
vós loitástedes e polo que vos sacrificástedes de xeito memorable.
Ver Decreto de arquivo
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.