O
BOE do 16 de xuño publica unha nova convocatoria de subvencións para as
organizacións sindicais.
STAJ, un ano máis, renuncia a solicitar calquera tipo de subvención á que puidésemos ter dereito na nosa condición de sindicato representativo do sector Xustiza.
STAJ, un ano máis, renuncia a solicitar calquera tipo de subvención á que puidésemos ter dereito na nosa condición de sindicato representativo do sector Xustiza.
Desde
STAJ mantémonos firmes na nosa política de austeridade e, un ano máis,
renunciamos a percibir calquera tipo de subvención. Non só entendemos que o
financiamento dos sindicatos debe provir exclusivamente das cotas dos seus
afiliados, senón que entendemos que nun momento en que aínda non desapareceron
todos os recortes, e no que ademais reclamamos melloras salariais para os
funcionarios de xustiza, non é oportuno que os sindicatos percibamos ningún
tipo de subvención.
Antes,
debe recuperarse para todos os empregados públicos as cantidades que nos foron
inxustamente subtraídas desde o ano 2010 e que non se recuperan en absoluto co
recente acordo asinado en Mesa xeral. Os Funcionarios de Xustiza perdemos moito
diñeiro desde entón coa escusa da crise económica, que supuxo polo menos entre
100 e 150 euros de media cada mes segundo os corpos e antigüidade: entre 10.000
e 15.000 euros acumulados.
Cantidades
que aínda non foron devoltas, e que STAJ non cesará en reclamar, antes que
recorrer a subvencións que non solucionan nada.
Consideramos
que máis aló de facilitar locais sindicais dentro dos centros de traballo e os
medios mínimos indispensables para desenvolver neles a actividade sindical,
obrigación de todo empleador segundo establece a Lei Orgánica de Liberdade
Sindical e o propio Estatuto Básico do Empregado Público, as subvencións
constitúen un gasto innecesario que é urxente suspender e mesmo suprimir, xunto
a outros moitos gastos superfluos e innecesarios que este sindicato xa
denunciou en multitude de ocasións.
Por
todo iso, ademais de renunciar ás subvencións, desde STAJ esiximos a recuperación
plena de todo o furtado aos funcionarios públicos en nome da crise.
Os
Traballadores, primeiro.