lunes, 2 de julio de 2018

Publicada no DOG modificación normativa que regula as substitucións

No DOG de hoxe publícase a RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2018, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se modifica a Resolución do 7 de maio de 2008 pola que se regulan as substitucións entre funcionarios ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.

Esta modificación normativa terá por finalidade que o persoal que realice a substitución nun corpo inmediato superior perciba, ademais das retribucións complementarias, a diferenza entre as retribucións básicas do seu corpo de pertenza e as correspondentes ao corpo a que está adscrito o posto que efectivamente desempeñe.

Esta compensación económica virá xustificada pola especial responsabilidade e dedicación que realiza o persoal funcionario que exerce funcións propias dun grupo de clasificación superior ao que pertence.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras. 

No hay comentarios :

Publicar un comentario