Dende fai meses existe nos Xulgados de Pontevedra, referímonos aos
situados no edificio Xudicial da Parda, un déficit de persoal de seguridade e
control de accesos, motivado pola desidia da Dirección Xeral de Xustiza a hora
de cumprilo Convenio asinado co
Ministerio do Interior que garantiza a vixiancia, o control de accesos e a
seguridade nos edificios xudiciais de Galicia mediante a prestación deste
servizo por Policías en situación de segunda actividad ou Gardas Civís en
situación de reserva, prefirese aforrar cartos que manter edificios e espazos
seguros para os funcionarios, as/os cidadans e as vítimas.
No Edificio Xudicial da Parda existen solo tres axentes dispoñibles da
Policía Nacional para vixiar e mantela seguridade en todo o edificio, pero é
que ademáis os tres traballan a turnos, dous pola mañán e un pola tarde, hai
que ter en conta que deben vixiar os
accesos na porta principal e no Xulgado de Garda que ten outra entrada
independente, esta última función mantenos de xeito permanente nas portas de
acceso, sen poder facer rondas polas distinta dependencias ao non contar con
compañeiros/as que poidan substituilos no control de accesos nas portas de
entrada.
Pero a cousa ten máis miga, pola tarde solo queda un axente que debe
controlar a porta principal, pola que está entrando xente para o Rexistro Civil, e a
porta do Xulgado de garda, e claro eso resulta imposible facelo, entón o que
fan e vixiar ata as seis, hora en que está aberto o Rexistro Civil, a porta
principal, deixando o xulgado de garda sen control de accesos nin vixiancia, o que
ten levado máis dunha vez ao funcionario/a de garda a ter que pechala porta con chave por dentro e dese
xeito facer por si mesmos un control previo de accesos, usándose tamén este
método como medida de seguridade cando se prevén problemas para o persoal de
garda ou para calquera cidadán ou vítima que se atope nese intre no xulgado. Noutros
casos son os axentes de Policía que van ao Xulgado con detidos os que fan esa
labor, que non lles correponde, de
control e seguridade mentras se atopan nas dependencias xudiciais. Situación tercermundista
a todas luces.
Pero como tódolos anos o problema grande empeza a semana que ven, cando comenzan as vacacións
dos tres efectivos, e se menguan polo menos nunha persoa ese servizo. Xa ten
pasado mais anos e segue a pasar como se
nada. Se non hai máis que un efectivo que lle imos facer?. Parece decir a
Xunta. Non se pode aforrar cartos na seguridade, lembro que das plantillas que
figuran no convenio para Pontevedra correspondenlle 8 efectivos, están
presupuestadas, por eso figuran no Convenio e se publicou no DOG e no BOE,
supón unha irresponsabilidade enorme deixar aos edificios xudiciais coxos dende
o punto de vista da seguridade, e se cadra algún día temos que botar as mans a
cabeza, depois virán os lamentos. Para máis inri un dos tres efectivos xubilase en
septembro.
Por certo eu vexo nos edificos da Xunta de Galicia arcos detectores de
metais e escaners para controlar o que se porta en bolsas, mochilas, bolsos
etc, no edificio da Parda solo existe un arco na entrada principal, na entrada
do xulgado de garda no hai nada, nin un detector manual sequera.
Mención aparte merece o que está a pasar nos Xulgados do Contencioso-
Administrativo de Pontevedra, sitos na Rúa Germán Adrio Sobrido, oficinas
xudiciais que levan mais de dez anos alí ubicadas, e que contan con 24
empregados/a públicos desempeñando as súas funcións nese edificio; e nese edificio nin hai nin houbo nunca unha sola
persoa, nin policía nin seguridade privada, que se adicase a facer as funcions
de vixiancia, de control de accesos e de seguridade. Os compañeiros/as que alí
traballan síntense desamparados pola Xunta de Galicia e abandonados por unha
Administración a que lle importa pouco ou nada a súa seguridade persoal e a súa
integridade física, que solo funciona con criterios de aforro. Cónstannos
escritos neste senso deste e outros
sindicatos, dos funcionarios/as, do Decano, dos Xuices e Xuizas do
Contenciosos, da propia Xunta de Xuices de Pontevedra e todo segue igual, como
si nada lles fixera cambiar o criterio de primeiro o aforro e despois a
seguridade. Esto non é tercermundista, esto é de xulgado de garda.
Pedimoslle á Xunta:
PRIMEIRO.- Que se destinen máis
efectivos de Policia á seguridade e vixiancia do edificio xudicial da A Parda,
debéndose garantir sempre un número de efectivos que non baixe de 4 diarios, incluido o periodo de vacacións. Se non fose posible cubrir o
sevizo por policías en situación de
segunda actividade, se contrate seguridade pivada como se fai noutros sitios.
SEGUNDO: Se dispoña dun escáner para a porta principal do edificio de
A Parda e outro para a entrada so Xulgado de Garda.
TERCEIRO: Se dispoña de persoal suficiente de Policía ou seguridade
privada para prestar servizo de vixiancia e seguridade nas oficinas dos
Xulgados do Contencioso- Administrativo de Pontevedra.
Ver escrito presentado
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.