O
RD 13/2012 que entre outros recortes supuxo a implantación dos descontos pola
Incapacidade temporal por parte do Ministro de Facenda, parece que chega ao seu
fin co anuncio da nova Ministra.
Unha
vez publicados os PGE 2018 no BOE, a Ministra de Política territorial e
Administracións Públicas comunicou publicamente: “que os empregados públicos
non deben ter descontos nas baixas por IT”.
Non
se pode alardear dos logros da Mesa de Función Pública exclusivamente, STAJ non
admite, e os funcionarios/ as de Xustiza tampouco, que a negociación de XUSTIZA
pase a función pública esquecendo as especialidades e especificidades deste
colectivo.
Somos
corpos nacionais, empregados públicos E COMO TAL CORRESPÓNDENNOS as melloras
para este colectivo, non podemos perder as nosas diferencias ESPECIFICIDADE e
independencia. A loita desde STAJ vai manter para mellorar a este colectivo ás
veces tan esquecido en función Pública e pouco defendido, xa vimos que
para recortes sempre teñen fórmulas pero para devolver a Xustiza ampáranse noutros
aspectos, por exemplo a devolución dos 3 días.
A
mesa de Xustiza é a Mesa de negociación específica para os funcionarios/ as de
Xustiza. Non imos aceptar que se tente negar a negociación específica e
incluírnos con todos os empregados públicos.
As
retribucións son inadecuadas. Que é unha subida do 1,50 ou 1,75% cando a inflación xa esta no 2,2%? Con promesas
de futuro que non se sabe se se cumprirán.
A
restitución dos niveis retributivos (actualizados) que tiñamos antes do recorte
de xuño de 2010, que supuxo unha media do cinco por cento de rebaixa
xeneralizada nas retribucións e que na Administración de Xustiza, de media, en
torno ao 13,4%. Recorte que en absoluto recuperouse co recente acordo salarial
asinado na Mesa xeral.
As
retribucións deben aumentar para os funcionarios/as de xustiza, polas novas
tecnoloxías e novas funcións, a NOJ, adecuación das gardas, complemento
específico e outros temas que non imos deixar como a produtividade. A pequena
subida do 1,5% ou 1,75% é positiva pero hai que actualizar as retribucións de xustiza.
BOE do 16 de xuño de 2018 publicado tras a toma de posesión do Presidente de Goberno.
STAJ sindicato independente e específico de Xustiza, un ano máis renuncia a calquera subvención.
STAJ sindicato independente e específico de Xustiza, un ano máis renuncia a calquera subvención.