lunes, 4 de junio de 2018

TRAMITACIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA (QUENDA LIBRE): convocatoria ó exercicio de incidencias

O Tribunal calificador único das probas selectivas para o ingreso no corpo de Tramitación Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza, polo sistema xeral de quenda libre, convocadas por Orde JUS 1166/2017, de 24 de novembro acordou convocar ás persoas aspirantes relacionadas na páxina web ó primeiro exercicio o día 20 de xuño do 2018, ás 10:00 horas. 
Calquera outra aspirante que solicitara e xustificara a súa admisión ó exercicio de incidencias con anterioridade á data de realización do primeiro exercicio e non se atope entre as persoas convocadas, deberá alegalo coa suficiente antelación á celebración deste exercicio de incidencias (o 20 de xuño) mediante escrito dirixido ó Tribunal Calificador Unico, Ministerio de Justicia, C/ San Bernardo, 21 de Madrid.

No hay comentarios :

Publicar un comentario