lunes, 4 de junio de 2018

ULTIMA HORA Intranet: modelo para solicitar a participación no plan de recuperación.

Acaba de publicarse na intranet o modelo de solicitude para quen desexe participar no plan de recuperación do traballo do Acordo de 23.05.2018 publicado no DOG o 30.05.2018.

A Xunta comunica que o número de horas e de días á semana de duración estableceranse en función da carga de traballo e do número de solicitantes.

Os importes por hora traballada son os seguintes:

(A2-Corpo Xestión): 29,97 €
(C1-Corpo Tramitación): 22,66 €
(C2-Corpo Auxilio): 17,03 €.

As solicitudes hai que mandalas poro correo electrónico antes das 14:00 horas do vindeiro xoves, 7 de xuño do 2018 a esta dirección: servicio.persoal.xustiza@xunta.gal

Se alguén estivese de vacacións neste periodo de solicitude (ata o 7 de xuño) pode solicitar a inclusión no plan de recuperación nun prazo de 5 DÍAS dende a reincorporación ao seu posto de traballo.