miércoles, 7 de marzo de 2018

UN MES DE FOLGA

Hoxe cúmprese un mes desde que os funcionarios de xustiza de Galicia comezamos unha folga indefinida.

A día de hoxe suspendéronse miles de xuízos e actuacións xudiciais e outros tantos pendentes de señalamiento, os Rexistros Civís paralizados, as oficinas de Rexistro e Repartición saturadas de escritos e demandas pendentes de turnar, un colapso da xustiza que tardará anos en recuperarse.

Iso fai que cada vez sexan máis as voces de distintos colectivos afectados que se alzan para mostrar o seu apoio ás nosas reivindicacións, apoios que se solidarizan e expresan claramente que a nosa loita é lexítima e xusta, pedindo á Xunta de Galicia que se sente a negociar con intención de acadar unha solución a un conflicto que ela se empaña en manter, sen darse conta do grave prexuízo que o seu escaso interese para resolvelo está a causar a ciudadans e fucionari@s de xustiza.

Día a día a porcentaxe de participación de compañeir@s nesta folga mantense en cotas que a Xunta négase a recoñecer. Comezamos no 95% en toda Galicia e lonxe de baixar polo lóxico desgaste dun mes de folga, mantémonos en porcentaxes históricos do 90% que demostra o férreo compromiso de unión e resistencia nesta loita.

Estamos a aguantar as indignas prácticas negociadoras do Goberno galego, que constantemente utiliza aos seus médios de comunicación, por todos coñecidos, para lanzar noticias absolutamente falsas e manipuladas, chegando mesmo á utilización de colectivos menos favorecidos nun intento claro de poñer na nosa contra á sociedade galega.

Novamente dixeron que nos convocarán para seguir negociando, se o visto ata hora pódese chamar así, veremos a ver con que ganas veñen de solucionar o conflito que nos mantén nesta folga. Eles coñecen as nosas peticións e poden acabar con esta situación ofrecendo un acordo que satisfaga as nosas reivindicacións, este foi o mandato parlamentario que se negan a cumprir. Nós pola nosa banda faremos o que nos corresponde, acudir e negociar ata conseguilo, ese é o mandato que todos os días os compañeir@s reitérannos mediante a participación masiva nunha folga que hoxe cumpre un mes.

Compañeir@s, estamos a facer o que corresponde, temos a forza, temos a unión e sobre todo temos a razón, e eles só teñen a prepotencia que ata agora caracterízalles. E contra a prepotencia:


¡¡¡R E S I S T E N C I A!!!


Nin un paso atrás


De seguido tendes os últimos titulares de prensa:

praza.gal Rueda tenta dividir os sindicatos da Xustiza dicindo que “a maioría” desexa rematar xa a folga

lavozdegalicia.es La Xunta invita a los sindicatos de Xustiza a otro encuentro para poner fin a la huelga

farodevigo El atasco judicial causado por la huelga fuerza a Xunta y sindicatos a buscar su desbloqueo

elcorreogallego.es La Xunta convoca a los sindicatos para negociar y "cerrar el conflicto de justicia"

elcorreogallego.es Los sindicatos de Justicia acudirán a negociar sin desconvocar la huelga

laregión.es Suspendidos 76 juicios más en Ourense por la huelga de Justicia

galiciaconfidencial.com Xunta e sindicatos quedan este mércores para tentar "pechar o conflito da Xustiza"

atlantico.net Xunta y sindicatos volverán a negociar tras un mes de huelga en la Justicia

elpais.com La huelga de los muertos que siguen vivos - Galicia cumple un mes con sus juzgados y registros civiles paralizados por una protesta de funcionarios que exigen a la Xunta una subida de salario y plantilla

abc.es Los sindicatos retoman el diálogo con la Xunta pero no desconvocan la huelga