CONVOCATORIA COMITÉ DE
FOLGA
Conforme co anunciado no día de onte en sede
parlamentaria polo Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza, co obxecto de retomar as negociacións en
materia de mellora das condicións laborais do persoal ao
servizo da Administración de Xustiza competencia desta Comunidade
Autónoma, convócase ás persoas integrantes do Comité de folga para o día 8 de marzo ás 14:00 h na Aula Colmeiro (EGAP) – Rúa Madrid, 2-4,
Santiago de Compostela, ou
alternativamente para o día 9 de
marzo, ás 12:00 h, tamén na Aula Colmeiro (EGAP) – Rúa
Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
A data da reunión – en
atención ás convocatorias con motivo do 8 de marzo previstas no
día de mañá – queda á elección do Comité
de folga, pregando por cuestións organizativas que a confirmación da data acordada por dito Comité se
realice no día de hoxe, ao
seguinte enderezo electrónico: xuridico.rrll.xustiza@xunta. gal
Atentamente,
Juan José Martín Álvarez
O director xeral de Xustiza
Santiago de
Compostela, 7 de marzo de 2018