O Ministerio de Xustiza tenta enganar aos funcionarios e introducir, sen
negociar, modificacións legais que afectan as súas condicións de traballo e
mobilidade. O Ministerio comunicounos a súa intención de introducir, a través
de emendas de adición presentadas polo PP á Proposición de Lei de reforma da
LOPJ para a recuperación de permisos, determinadas modificacións de carácter
"técnico".
Pois ben, STAJ puido saber que esa reforma vai moito máis alá do meramente
"técnico" e pretenden unha nova volta de tuerca contra os dereitos dos
funcionarios de Xustiza, xa que pretenden modificar, outra vez, a extensión dos
centros de destino, de maneira que estes pasarán a ser o "conxunto dos
postos que radiquen no mesmo municipio" reducindo drásticamente o catálogo
de centros de destino existente ata agora -que xa fora reducido enormemente no
ano 2009-.
Aínda que noutros preceptos da propia LOPJ -que non se modifican-
establécese unha maior concreción dos postos de traballo diferenciándoos
segundo as unidades ás que estean asignados, esta nova modificación que
pretende o Ministerio constitúe un serio ataque aos dereitos dos funcionarios e
unha nova limitación ás súas posibilidades de mobilidade voluntaria, con grave
risco de mobilidade forzosa ao arbitrio do que en cada ámbito territorial
interpreten Ministerio e comunidades autónomas con competencias asumidas.
STAJ non vai permitir este novo ataque e xa contactou co resto de Grupos
Parlamentarios para que a reforma non prospere. E se é necesario, convocaremos
protestas e mobilizacións contra a actitude do Ministerio de Xustiza de
constante vulneración dos dereitos laborais dos funcionarios de Xustiza