lunes, 12 de marzo de 2018

Reflexionemos:¿ Qué lle esta afectando, a incompetencia ou unha IT?

O pasado venres, o Comité de Folga mantivo unha reunión cos representantes da Administración da Xunta, co único obxecto de achegar posicións en aras de resolver este conflito que inicia a súa sexta semana de folga na Xustiza Galega.
Como en anteriores ocasións, o Comité acodiu disposto a negociar con total "boa fe", todos e cada un dos puntos que son obxecto de reivindicación. Respecto diso cabe dicir, que esta vez, o talante da Administración viña revestido dun ton "máis amable" manifestando incluso "o seu portavoz" que acudían coa intención de pechar ese mesmo día un acordo. Iníciase por tanto con esa premisa, unha intensa negociación entre ámbalas partes que se dá por finalizada sobre as 21,30 hrs. co resultado que xa se deu a coñecer de forma exhaustiva a tódolos traballadores da Administración da Xustiza en Asembleas celebradas no día de hoxe en diferentes Centros de Traballo das principais cidades galegas. A pesar de que as negociacións tiveron un avance, non quedaron concluídas, motivo polo cal, o Comité de folga instou á Administración para continuar traballando en busca dese "acordo" ao día seguinte, non sendo esta petición aceptada por coincidir en fin de semana pero diferindo a mesma ao día e hora que nos sería comunicado esta semana. Tras unha xornada esta vez "normal" pero intensa de negociacións entre uns e outros, sorprende atoparnos coa noticia de que o Sr. Rueda declare nos medios que "non tería sentido seguir con reunións para non ter acordo" e que ademais nos aconselle unha especie de exercicios espirituais para "reflexionar". Sr. Rueda, está claro que ou non lle informaron ben os seus embaixadores ou Vd. unha vez máis desde a altivez que lle caracteriza, esconde un interese oculto para impedir que realmente se chegue a un acordo. De non ser así, talvez deba reformularse que ten un grave problema de formación en materias importantes para desempeñar o posto de Conselleiro de Xustiza dado que aparenta unha escasa lucidez para resolver cuestións básicas que afectan a orde social, neste caso, dos empregados da Administración de Xustiza. Certo é que non se pode descartar que poida estar afectado por algunha deficiencia psíquica que lle impide discernir entre o certo e o incerto o que vulgarmente chámase "verdade ou mentira", polo que, sería aconsellable que procedese a realizarse un bo recoñecemento por algún profesional da medicina mental da súa libre elección. Finalmente, só dicir, que ao existir diferentes clases de conciencia, puidese ser que o seu problema derive dunha absoluta falta de ética o cal permite que exprese publicamente nas súas declaracións esa pobreza de espírito que fai necesario que se lle aconselle buscar un adecuado director espiritual para que dirixa os seus exercicios reflexivos cara á posibilidade de reconducir o seu deleznable criterio por camiños de consenso e de paz social. A continuación publicamos as manifestacións do Sr. Vicepresidente da Xunta de Galicia e Conselleiro de Xustiza Sr. Rueda realizadas no día de hoxe así como a acertada resposta que as mesmas mereceron por parte do Comité de folga.