Ás 11.00 horas hai xuntanza de “negociación” coa Xunta
en San Caetano.
Pedimos o voso apoio presencial en Santiago sobre as
10.30 horas na entrada de San Caetano (a que está enfrente a estación de
autobuses).
Non faltes; é importante que se visualice o apoio ó
Comité e a indignación do colectivo contra as mentiras da Xunta.
Igualmente remitimos escrito adxunto para que o
imprimades e logo de cubertos os datos, presentarémolo tód@l@s traballador@s da
xustiza galega o propio luns na Xunta DEIXANDO BEN CLARO QUE O COLECTIVO
REXEITA A OFERTA DE PECHE DA XUNTA.
O anterior, á vista de que tanto Feijoo como Rueda
tentaron aproveitar a votación que fixemos esta semana para vender nos medios
de comunicación que o resultado significa que ”colectivo acepta a súa ultima
oferta“ ”NON É NON” OS TRABALLADORES NON ACEPTAN,
QUEREN NEGOCIAR,!! POR ISO entendemos que a resposta mais axeitada debe
partir do propio colectivo, deixando claro que a única intepretación correcta
da dita votación e que o colectivo facultou ó comité de folga para negociar sin
o límite mínimo de 190 euros.
Nota: Os traballador@s que non poidades asistir a
Santiago podedes presentalo en calquera Rexistro da Xunta de calquera
localidade galega.
XUSTIZA EN LOITA!!
DIGNIDADE E RESISTENCIA!!
NIN UN PASO ATRAS!!
NON Á DISCRIMINACIÓN LABORAL NA XUSTIZA GALEGA!!