Son
un funcionario da Administración de Xustiza en Galiza, un dos que se inclúe
nese 80 % de media que nos atopamos en folga dende fai mais de 45 dias, nin son
delegado sindical nin siquera estou afiliado, polo tanto , as puntualización
que vou facer- cuio sentir compartimos moitos compañeiros- son en calidade de
mero traballador da dita administración.
Na
última asamblea que levaron a cabo os sindicatos, se nos consultou literalmente:
“ De cara ás próximas reunións coa Xunta":
-considero que non se pode baixar de
190 euros, .
-considero que si se poder baixar de
190 euros;
sendo éste último, o parecer aprobado por
maioría. Polo tanto, en ningún momento foron desautorizados os sindicatos como
se dixo nalguns medios de comunicación e como así foi trasladado á opinión
pública tanto polo Conselleiro (ausente) Sr. Rueda Valenzuela, como polo
Presidente da Xunta de Galicia Sr. Núñez Feijoo,(tamen ausente), senón todo o
contrario: os sindicatos acuden ás negociacións respaldados polas asambleas e
acatando en todo momento as exisencias aprobadas pola maioría, e, para máis
exactitude, nas negociacións as cantidades que poidan ser ofertadas, non serán
aceptadas polo comité de folga sin o consentimento expreso das asambleas. E
máis, a unión dos sete sindicatos que compoñen o comité de folga, cadanseu da
súa tendencia, radica na nosa unión e exisencia de unidade que lles requerimos
a eles. Por certo, dende estas liñas invito ao Sr. Carlos Luis Rodríguez e
algún periodista máis para que asista a algunha asamblea das que celebramos, a
fin de que nos artigos que publica na prensa, transmita a realidade e non as
percepcións erróneas do alleo ao conflicto.
Estamos
a ser atacados na nosa dignidade polas ridículas ofertas da Xunta de Galicia
fronte as nosas cesións (dos 400 euros iniciais, baixamos aos 190 euros actuáis
prorrateados en tres anos) mesturadas con noticias e promesas do Goberno
Central que son extensibles a todos os funcionarios a nivel nacional, e dicir,
nin son competencia do Goberno galego, e por ende, continuarían a reflectir
unha discriminación salarial que é obxecto dunha das nosas reivindicacións.
E
patente que a vontade negociadora da Xunta de Galicia e nula, pois nos
reclamamos de cotío negociacións para poñer fin a esta grave situación nos
órganos xudiciais e aos perxuicios que se están a causar aos administrados, e
por parte da Xunta convocase ao comité de folga cada dez días ou mais. Se
realmente lles preocupase a resolución do conflicto e tentasen causar o menor
dano posible a todas as partes que interveñen nos xulgados : Abogados,
Procuradores, (éstes dous colectivos non mostran demasiada preocupación),
denunciantes ou demandantes…deberían fixar un calendario de negociación como
mínimo de dous días á semana.
Que
saiba a Xunta que somos conscientes das consecuencias económicas dunha folga de
tan larga duración e que nalgúns casos concretos son de gran dificultade, pero
que tamén saiba a Xunta que a demora prolongada de chegar a un acordo razonable
para ambas partes, ten unhas repercusións moi importantes no futuro inmediato
da actividade xudicial, toda vez que non e fácil desconxentionar o elevado
número demandas que están pendentes de iniciar o seu trámite, asi como levar a
efecto os novos sinalamentos dos numerosos xuizos suspendidos ata hoxe.
Por
último, en ningún caso o presente conflicto é de carácter político, como se
quiso facer ver nas manifestación efectuadas en distintas ocasións polos
referidos Sr.Rueda e Sr.Feijoo, e que teñan presente que RESISTIREMOS o tempo necesario ata sentir satisfeitas de modo
razonable as nosas reivindicacións; polo que de unha vez por todas fáganse
responsables da situación e asuman o papel que lles corresponde chegado este
momento.
Fdo: RAFAEL MARCOS BEIRÓ MARTINEZ
Fdo: RAFAEL MARCOS BEIRÓ MARTINEZ