lunes, 5 de marzo de 2018

Día 27 de folga. Os apoios seguen chegando

Hoxe comezamos a quinta semana de folga indefinida dos funcinarios na xustiza galega. Fartos de escoitar aos responsables políticos lanzar constantes mentiras e enganos sobre o desenvolvemento da folga e mesmo sobre o seu resultado e impacto. De parte doutros colectivos seguen chegando apoios á nosa causa e ás nosas reivindicacións, apoios e respaldos rotundos que nos serven para coller aire e seguir nesta loita, sabendo que estamos a pelexar forte e que cada día é unha batalla gañada. Moito ánimo e moita forza compañeir@s, non daremos nin un paso atrás.

Deixamosvos os últimos enlaces a prensa 

galiciaconfidencial.com O presidente do TSXG pide "diálogo construtivo" para buscar unha solución ao conflito de xustiza

galiciaconfidencial.com Balance dun mes de folga na xustiza: case 10.000 xuízos aprazados e milleiros de trámites suspendidos

laregión.es La justicia encara su quinta semana de huelga: “No se mueve un papel"