domingo, 4 de marzo de 2018

Día 26 de folga. O tempo empeza a darnos a razón

Entramos no día 26 de folga indefinida na xustiza e os titulares de prensa cos que amanecemos empezan a darnos a razón. Hai responsabilidade por parte dos funcionarios, que de momento evitan o colapso pero como  o seguimento da folga é masivo o  atasco é  importante. Hai unha vontade clara de querer chegar a un acordo por parte das organizacións sindicais, deixando fóra as imposicións   e hai unha maioría aplastante de funcionarios e funcionarias unidos/as por unha causa común, unión que non se vai ver alterada en ningún caso e que conleva un esforzo e sufrimento detrás de cada persoa que secunda esta folga que a Xunta obvia dende o primeiro día. Pero seguimos incansables porque cremos nas reivindicacións, porque son xustas (non nos cansaremos de repetilo) e porque  non imos parar ata que cheguemos a un acordo.

Deixamosvos os titulares do día: 





O título deste  último artigo merece un comentario aparte. Un bebé ten ata ós 14 anos de prazo para ter o D.N.I. e en caso de acreditar a urxencia na expedición (por unha viaxe, ou calquera circunstancia concreta e acreditada) os Rexistros Civís sí facilitan a inscripción.