miércoles, 28 de marzo de 2018

Carta dun compañeiro: GALICIA, UN PAIS SEN XUSTIZA

 GALICIA, UN PAIS SEN XUSTIZA

Xa vai de cara a dous meses de folga xeral na xustiza galega e non se ven aínda esperanzas de que remate. Seguramente porque os dirixentes políticos teñen pouca experiencia na resolución deste tipo de conflictos, tal vez porque pensaron que á marxe do dano que se está a facer na cidadanía se iba a solucionar coa rixidez e falta de diálogo que os caracteriza, acaso pensando que os funcionarios se iban a doblegar con dúas semanas de folga ou que, con palabras como “estamos a aforrar moitos cartos” ou se non ficade para otra Comunidade Autónoma nos iban a dobregar.

Pero a falta de xustiza témola que apreciar non só dende un, senon dende dous puntos de vista:

Primeiro: na propia cidadanía de a pé que é certo que a está a sufrir (suspensión de xuízos,  retrasos nas inscripcións do rexistro civil, etc.) e tamén dos profesionáis que, de un xeito ou doutro, participan nela. Sí que e certo que dende fai casi dous meses prácticamente non se move un papel na xustiza galega, só o necesario e urxente, o que, pese a que se fixo un plan de recuperación, para cando remate, tardará bastante tempo en poñela como estaba antes.

Segundo: polos propios funcionarios da xustiza de Galicia. Moita xente preguntase por qué se convocou ou por qué non ten xa ramatado.  Pero os motivos son moitos:

Leva o persoal de xustiza transferido a Galicia dende fai uns vintedous anos, o que orixinou que haxa ata casi un tercio nas diferencias económicas que perciben en relación con outras C.C.A.A.

O Art. 14 da nosa Constitución fala da igualdade dos españoles” sen que poida prevalecer ningún tipo de discriminación por lugar de nacemento,…. ou calquer outra circunstancia personal ou social.

O Art. 9 do mesmo texto legal fala asimesmo da dignidade da persoa, que é fundamento do orde político e da paz social.

O Art. 28-2: fala igualmente o dereito a folga: así recoñécese o dereito a folga dos traballadores para a defensa dos seus intereses.

En relación co primeiro dos apartados hay que decir que os funcionarios de xustiza estamos sólos neste conflicto; non contamos con ningún apollo nin axuda, siquera verbal, de ningún colectivo. Parece que a nadie lle afecta máis que a nos. Anque se ben é certo que a votamos de menos -pois todo o que abunda non daña e máis neste tipo de conflictos-, sí podían dar un pequeño impulso a que todo esto rematase máis cedo que tarde.

En relación co segundo, só decir que a espera tivo un límite: despóis de tantos anos transferidos e tralos intentos dos sindicatos de negociar con eles, o único que tivemos da administración foron humillacións, vexacións, discriminación e desprecio. Parece que os funcionarios de xustiza non temos dereitos. Por eso moitos nos preguntamos si ¿para eso quixeron as tranferencias?.

Como todos sabemos, fai pouco e tralos acordos coas forzas e corpos de seguridade do estado para equiparalos a outras que mais cobran, decía o ministro Zoilo que “era de xustiza” facer eso; o mesmo repetía onte o Sr. Rivera. Por esto preguntarámonos si ¿o término xustiza só existe para todos menos para os que traballamos nela?.

Sobran argumentos, non só xurídicos, senón éticos ou moráis para comprobar que o que pedimos nin  é exagerado nin está fora de lugar; o que pedimos !!E XUSTO!!, máis ainda que xa non pedimos ir en cabeza do ave, senón só nos asientos do medio.

Por último e para rematar decir que os señores da Xunta xa non lles quedan máis cartuchos que queimar para intentar acabar desmoralizarnos, enfrentarnos e intentar acabar con nos; case podíamos decir en términos penais, que  o fixeron con premeditación e elevosía:  primeiro foi fixando uns servicios mínimos que non entenden nin eles mesmos, con funcionarios que traballan un día a semana, outros todos e moitos ningún; segundo con subas proporcionáis aos corpos para enfrentarnos uns con outros; ahora machacando ata o último céntimo nas nóminas para que a xente abandone a folga e empece a traballar.  Pero o que non saben  e que os galegos temos ainda sangre celta ou vikinga, e non nos van poder dobregar. Por eso ánimo compañeiros que despóis de case dous meses de folga estamos ainda moi unidos. 
Un saúdo a todos.