A celebración do Día Internacional da
Muller o día 8 de marzo, institucionalizado pola ONU en 1975, é a
conmemoración dunha loita que segue vixente na actualidade, que non ten data de
caducidade, e por iso marcamos este día nos nosos calendarios, para manifestar
dalgunha forma o noso rexeitamento máis absoluto contra calquera forma de
discriminación baseada na condición de ser muller e o noso apoio incondicional
por un problema aínda sen resolver; para fomentar o empoderamiento das mulleres
e o seu posicionamento nunha sociedade máis xusta, nunha sociedade igualitaria,
paritaria, democraticamente non sexista; unha sociedade que sexa capaz de
soster e defender unha contorna favorable para alcanzar a igualdade real e
efectiva das mulleres en todos os ámbitos posibles, desterrando con iso os
prexuízos sociais, familiares, laborais e políticos en todo o mundo.
Este día é tamén unha oportunidade para
facer balance dos logros conseguidos ao longo da historia no camiño cara á
igualdade de xénero, así como para reflexionar sobre a maneira de avanzar, de
sensibilizar e concienciar desde a prevención, e de promover a igualdade da
muller e a súa liberdade, propugnando estes valores como vía para a igualdade
de oportunidades e removendo as barreiras que dificulten a participación das
mulleres en condicións de igualdade cos homes.
Desde STAJ queremos conmemorar esta data
e confirmar a nosa implicación nesta causa, instando os Gobernos, Administracións
Públicas e representantes de todos os cidadáns a manter o compromiso de seguir
promovendo medidas que garantan a consecución dos obxectivos marcados coa
institucionalización deste día, e que non son outros que promover unha
sociedade sen discriminación algunha por razón de sexo, con políticas
construtivas, que favorezan a conciliación, a igualdade no acceso ao emprego e
a educación, que destrúa a brecha salarial baseada no feito de ser muller, que
promova a integración e participación das mulleres nos máis altos niveis de
responsabilidade, tanto na empresa pública como a privada, dándolle a opción de
elixir libremente, dándolle o lugar que se merece, superando os conceptos
arraigados en culturas, que a día de hoxe, están pasadas de moda.
Así, no Día Internacional da Muller que
celebramos hoxe 8 de marzo, desde STAJ manifestamos a nosa solidariedade con
todas as mulleres do mundo, na loita pola igualdade de xénero, e unímonos, sen
distinción de sexo, na consecución dun fin común, que non é outro que seguir
defendendo coas armas das que dispoñemos, a igualdade real e efectiva das
mulleres.
En palabras de Kofi Annan, Exsecretario
xeral da ONU, “A igualdade das mulleres debe ser compoñente central en calquera
intento para resolver os problemas sociais, económicos e políticos” .