A finais do pasado mes de xullo firmouse un Acordo entre os Sindicatos da Administración de Xustiza, en Madrid e a Presidenta de esa Comunidade, que ente outras cousas supón a suba no Complemento Especifico,(en Galicia CAT) de 120 euros o mes e a reduccion do horario de verán a 5 horas e media dende o 1 de xullo ao 30 de setembro. Madrid sumase así a outras Comunidades, con competencias en materia de xustiza, que soben as retribucións do seus funcionarios, sen condicionala á posible subida ao persoal da súa popia Administración Autonómica.
Lembremos que no País Vasco, Valencia e Cantabria esa subida xa é efectiva, ou vaina ser a partes do 1 de xaneiro de 2018, en Asturias a negociación está en marcha e esperase un Acordo en breve para unha subida efectiva no mes de xaneiro. Noutras Comunidades como en Andalucía STAJ xunto co resto de sindicatos están a pedir subas retributivas no CAT e na productividade. Moitas destas subas retributivas están ligadas a instauración o a próxima posta en marcha da Nova oficina Xudicial. Todo esto ao marxen das posibles subidas xerais que poida acordar o Goberno nos presupostos para o ano 2018 para tódolos funcionarios do Estado.
En Galicia levamos moito tempo no furgón de cola no eido retributivo. O CAT leva anos sen unha suba, ademais do seu recote durante 4 anos, somos os penúltimos do Estado, estando moi por baixo da media do que se cobra nos restantes territorios. O que cobramos por Productividade xa unha cousa de risa, non é que sexamos os últimos, e que non ten parangón, nin é de recibo cobrar menos de 10 euros na nómina.
En tódolos territorios nos que se acadou un subida salarial, ou se está a negociar, en todos, aunión sindical foi determinante, unión sindical que debe xurdir mirando solo a consecución dos abxetivos de mellora que nos propoñamos e debe deixar atrás intereses partidistas, malas relacións personais, personalismos exacerbados e ansias de protagonismo, que nada aportan a unha unidade sindical forte, e son un obstáculo, moitas veces insalvable, para que esas accións conxuntas e desexadas por todos teñan o efecto que buscamos, que non é uotro que doblegar a vontade dunha Administración que non mira polos seus empregados.
Como sabedes STAJ intentou xa no mes de xuño unha unión sindical para a consecución de varios obxetivos, sendo prioritarios as subas retributivas na CAT e na Productividade. Despois de varios intentos esa desexada unión segue sen producirse, non imos a deixar pasar a máis minina posibilidade para conseguila, pois seguinos considerando que esa unión de todos e determinante para a consecución dos obxetivos, pero tal como se mostran as cicunstancias, e se non fose posible a unión dos sete sindicatos con representación en Xustiza, estaríamos dispostos a unha unión co maior numero de sindicatos posible, e volvemos a pedirle os reponsables sindicales, agora públicamente, que non sentemos a falar e busquemos o entendemento,non se pode esperar, e o momento.
Mentras esa unión sindical non se produza STAJ vai a seguir en solitario facendo cousas a prol de esa subida salarial, e hoxe mesmo mandamos unha carta a todolos grupos parlamentarios de Galicia, explicandolles a problemática que estamos a sufrir, e pedindo, que se mollen por nós e propoñan iniciativas parlamentarias nese sentido.