viernes, 15 de septiembre de 2017

Calendario laboral para o ano 2018. Comunidade Autónoma de Galicia

Onte publicouse no DOG o DECRETO 86/2017, do 7 de setembro, polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2018.

O calendario laboral para o ano 2018 presenta unha situación excepcional, xa que ningunha das festas estatais de carácter obrigatorio coincide con domingo, e ao non poder establecer no seu lugar ningunha das nosas festas tradicionais engádese unha festa máis con carácter de recuperable, aproveitando as posibilidades que permite o artigo 37.2 do Real decreto lexislativo 2/2015, para poder así conmemorar o que forma parte da nosa tradición, historia e cultura.