sábado, 1 de julio de 2017

Reunión co Ministerio sobre problemas de novas tecnoloxías.

O Ministerio de Xustiza convocou aos sindicatos para abordar os problemas de Novas Tecnoloxías tras as queixas recibidas. O luns día 26 de xuño mantivemos reunión co secretario xeral e o seu equipo os sindicatos STAJ, CCOO, CSIF, UXT e os autonómicos ELA e CIG.

O secretario xeral, acompañado por un responsable de Novas Tecnoloxías, infórmanos de importantes avances, cando todos sabemos que a realidade dista moito desta situación idílica que pretenden trasladar.

Isto é o que din: 1. As novas incidencias resólvenas en menos de 24 horas desde o CAU. 2. De 7.000 incidencias solucionaron todas menos 124. 3. Resolución do problema cunha chamada ao CAU nunha porcentaxe moi alta. 4. Crearon unha SMO oficina de xestión de servizo, persoas especializadas que resolven as caídas das sedes, "equipo de elite". 5. Reciben un 65% menos de reclamacións. 6. Abordan 8 eixos que comprenden 40 actuacións, case rematadas.

STAJ denuncia o atraso na convocatoria que fai o secretario xeral, que só nos convoca cando se viu presionado polas múltiples queixas e concentracións. Expoñemos que unha vez máis nos reúnen para darnos datos e vender os seus avances, que non son reais.

STAJ recoñece pequenos avances pero volvemos atoparnos con situacións inadmisibles. Unha versión tras outra de Minerva que ao final falla, as caídas mantéñense, os problemas repítense en distintas sedes, lentitude desesperante do sistema, Lexnet segue fallando, falta de capacidade. Sen esquecer o proxecto estrela "papel cero", na Audiencia Nacional han pasado máis de 6 anos e seguen invadidos de papel, sen poder traballar correctamente con fallos informáticos continuos.

SCRRDA da Audiencia Nacional. Unha funcionaria acompañou a STAJ para trasladar as incidencias e problemas diarios, explicando moi claro e sen lugar a interpretacións o que sucede día a día neste servizo, que é a entrada na AN de todos os procedementos e escritos de social, contencioso e penal. O Ministerio e os especialistas non souberon reaccionar xa que desmente todos eses avances e melloras que nos acababan de expoñer. Tomaron nota de todo o exposto. Un exemplo do que sucede en todos os órganos.

STAJ lembrou ao Ministerio as peticións que levamos meses realizando, sen entrar en detalles porque lles consta por escrito e de palabra en cada Mesa celebrada.