Acaba de publicarse a subida salarial do 1% para este ano con efectos retroactivos ó día 1 de xaneiro do 2017 que previsiblemente se abone na nómina do próximo mes de xullo. Xa se está negociando a subida salarial do ano 2018, esto débese ó retraso co que se aprobaron os presupostos neste ano.
Falar de "subida salarial para o persoal de xustiza de Galicia" non é doado. Para falar de subida salarial ¿qué temos en conta? ¿dende o ano pasado? ou ¿dende o ano en que nos quitaron o 5% do Goberno de Zapatero, a retirada da paga extra no ano 2012 e a retirada do CAT dende o 2013 (este último só en Galicia)?
Destes conceptos, recuperamos a paga extra por Sentencia, o CAT este ano 2017, e o 2% da parte do Ministerio (entre o ano pasado e este). Botade contas, a este ritmo de subida do 1% aínda nos faltarían tres anos para acadar o nivel que tiñamos no primeiro recorte de Zapatero. Estamos no camiño, aínda que moi lonxe, hacia a recuperación do noso nivel adquisitivo antes da crise (sen ter en conta o IPC) e depende do punto de vista dende o que miremos os nosos cambios salariales: ou hai subida ou hai devolución do que nos quitaron. Quedando tanto que devolver, ¿cómo se atreven a falar de subida salarial?