A Inspección de Traballo pechou oito plantas
do edificio dos xulgados de Sabadell (Barcelona), debido a que se superaba con
fartura a temperatura que a normativa de prevención establece para edificios de
oficinas (27 graos), o que supón un risco grave para a saúde e unha vulneración
da normativa laboral.
Asociacións de Xuíces e Xuízas manifestaron
que “resulta altamente preocupante a falta de sensibilidade” e “falta de
actuación do Consello Xeral do Poder Xudicial” pois, segundo lembraron “a pesar
de solicitar por escrito en tres ocasiones ao Consello Xeral do Poder Xudicial
a paralización da actividade por risco grave, este órgano non deu resposta a
tal petición”, algo que “afortunadamente emendou a Inspección de Traballo”.
Por iso, ao ver a temperatura alcanzada,
varios sindicatos e membros das devanditas asociacións presentaron
denuncias ante o Servizo de Garda da Inspección de traballo de Barcelona que
decretou o cesamento da actividade nos Xulgados de Sabadell por existencia dun
risco grave para a saúde do persoal que aí presta os seus servizos.
Ver noticia completa