O pasado xoves dia
22 de xuño, Staj Galicia reuniuse en solitario co Director Xeral de Xustiza e
coa Subdirectora de Persoal, para tratar diversos temas de importancia para
todo ao colectivo de funcionarios da Administrción de Xustiza, intercambiar
impresións e puntos de vista, e proponer e aportar solucións, así como instalos
a unha total recuperación dos dereitos perdidos e a dotación de maiores e
mellores medios para afrontar con éxito a implantación do Expediente Dixital e
a Nova Oficina Xudicial en Galicia.
Deixamos un resumo
dos temas tratados e do que diu de sí a reunión, noutra folla informativaxo vos falamos da solicitude de subida de retribucións que lle fixemos:
NOVA
OFICINA XUDICIAL EN OURENSE
Con respecto á NOVA
OFICINA XUDICIAL en Ourense, o Director xeral confirmou que quere contar co
consenso de TÓDALAS partes implicadas
para a elaboración do deseño e organización da mesma, recoñecendo que
sen contar coa participación activa
dos/das funcionarios/as esto sería imposible. STAJ valora este
compromiso favorablemente dado que co consenso no deseño, o proceso será máis eficaz e con mellores
resultados para tódalas partes.
A Direción xeral
ten máximo interese en que a implantación da NOX en Ourense (como cidade piloto
e modelo extrapolable ó resto de Galicia) sexa exitosa, e recoñeceu a necesidade de non escatimar en
dotación presupuestaria para que a inxección de medios económicos non sexa un
obstáculo para lograr o bo fin do proxecto. Estaremos á espera da suficiencia e
idoneidade de tales medios.
O Director xeral
encontrou razoable as premisas que lle expuxemos e lle trasladamos, e
comprometeuse que na implantación da NOX:
-
non haxa perdas de retribucións (neste punto,
tal e como solicitou STAJ, recoñeceuse expresamente a necesidade e o momento
idóneo do aumento retributivo para todo o persoal de xustiza en Galicia tendo
como punto de partida a implantación da NOX):
- non haxa amortizacións,
incluíndo a posibilidade de que se creen
reforzos,
- ninguén saia da súa localidade de destino,
- que as gardas estén garantidas para as persoas
que actualmente as fan, salvo que por concurso voluntario decidan solicitar
unha praza distinta.
- se intente implantar en tódolos órganos, oficinas e servizos
xudiciais de localidade, non ten sentido que uns órganos funcionen coa nova
organización e outros non.
DESCONTOS EN
INCAPACIDADE TEMPORAL
Ao Director Xeral pedimoslle a derogación da normativa que
recolle os descontos en caso de incapacidade temporal, ou polo menos a
equiparación aos supostos de descontó que teñen Xuices, Fiscais, Letrados e os
compañeiros do Ambito Ministerio, que se acabe coa discriminación que sufrimos
neste tema con respeto a os demáis funcionarios de Xustiza do Estado.
SUBSTITUCIÓNS
Unha vez máis esiximos unha solución definitiva á falta de pago
do total de retribucións no caso de substitución vertical, e unha mellora no
normativa que regula esta figura, cousa que por outro lado xa se iba a obordar
a principios deste ano, e quedou no tinteiro.
Neste punto nos anuncian que van a facer unha regulación propia
para Galicia das Comisións de Servizo (terán que negociala cos Sindicatos) para
que aquelas prazas vacantes, que polo menos estean 6 meses sin cubrir se cubran
preferentemente por Comisión de Servizos que por Substitución.
REFORZOS DOS XULGADOS
DAS CLAUSULAS CHAN.
Solicitamoslle reforzos para
Lugo e Ourense e que se amplíen os que se mandaron a Vigo e a Coruña. Manifestan que a están esperando a ver como evoluciona o numero de demandas
para ver si son ou non necesarios para Ourense e Lugo e
si se decide mandar máis reforzos para Vigo e A Coruña.
XULGADOS DE NOVA
CREACIÓN
Interesámosnos por saber que está a pasar co retraso na posta en
marcha dos novos Xulgados na Coruña, en
Ourense e en Vigo. Dinnos que é
cuestion de que se aproben os Presupostos do Estado para este ano e que o
Consello de Ministros aprobé o Real Decreto de creación, que a nivel de persoal
está todo listo para o momento en que se cren cubrilos por comisión de
servizos.
CONSOLIDACIÓN DE
REFORZOS
Preguntamos que está a pasar coa tan esperada consolidación de
reforzos anunciada a finais do ano pasado, neste punto din que de momento non
está resolto o recurso de Apelación contra a sentenza dos reforzos da Fiscalia
da Coruña e mentras esa sentenza non se publique non poden consolidar ningún
porque asi se recolle nun informe dos servizos xurídicos da Xunta.
PROTOCOLO DE ACOSO LABORAL-
REUNIÓN DO COMITÉ DE SEGURIDADE E SAUDE LABORAL
Quedou pendente na última reunión do Comité a aprobación dun
Protocolo contra o acoso laboral, solicitado por STAJ, incluso lles mandamos un
borrador para poder traballar e oportar melloras por todos o membros. Agora
dinnos que e algo que si se vai a a obordar e a apobar pero despois do verán.
Con respeto a reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral,
que segundo Lei se ten que reunir cada
tres meses e a última reunión foi en febrero, din que intentaran convocalo no
próximo mes de xullo.
TARXETAS
IDENTIFICATIVAS CON CÓDIGO, SEN NOMBRE E APELIDOS E SEN DNI
Reiteramos a solicitude que
lle fixemos por dúas veces para que nos
entreguen tarxetas identificativas
nas que non figuren os nosos nomes, apelidos e DNI, e solo figure o
Corpo o Xulgado e oficina na que prestamos servizo e un código alfanumérico, para todo o persoal, pero especialmente os compañeiros/as que
teñen que sair a rúa a notificar, tanto dos SCAC como dos Xulgados das vilas.
Están de acordó con esa solicitude e consideran esas tarxetas
necesarias, polo que se van a poner a confeccionalas, o código estará composto dun número persoal e
outro do Xulgado ou oficina donde se presta servizo.
EDIFICIOS XUDICIAIS
Propuxemos que se alcance unha solución global as altas temperaturas que se recollen nos edificios
xudiciais que non contan con sistema de refrigeración, que non se vaia
parcheando según aparece o problema, por desgraza a calor ben para quedarse e
cada vez con maior temperatura.
Con respeto a solicitude que fixemos desde STAJ de que se poñan dispensadores de agua, ou fontes en
cada edificio xudicial, nos din que están estudiando o caso e mirando o
presuposto da instalación de esos aparellos nos edificios xudiciais de toda Galicia.