miércoles, 3 de mayo de 2017

STAJ solicita prolongacións de xornada para as oficinas de recepción e rexistro de escritos

O artigo 135.5 da Lei de Axuizamento Civil dispón:
“A presentación de escritos e documentos, calquera que fosé a forma, si estivese suxeita a prazo, poderá efectuarse ata as quince horas do día hábil seguinte ó vencimiento do prazo.”

En base a ese artigo a Orde que regula a xornada laboral e horario nas oficinas da Administración de Xustiza en Galicia, recolle no seu artigo 3.2 o seguinte:
“No caso das oficinas de rexistro e repartición, decanatos e oficinas dos xulgados e tribunais que conserven a función de recepción e rexistro de escritos, o horario ampliarase ata as 15:00 horas de luns a venres, para respectar o disposto no artigo 135.1 da Lei 1/2000, do 7 de xanerio, de axuizamento civil”.

Como é sabido, estas disposicións tradúcense na práctica, en que determinados traballadores que prestan os seus servizos nas oficinas de rexistro e repartición, e nos decanatos, non poden saír do seu traballo antes das tres da tarde, nin no inverno nin no verán, o que vulnera o seu dereito a dispor, dentro da franxa horaria determinada do horario fexible, obligándosles a manterse ata as tres no seu posto de traballo, incluso non poden disfrutar da flexibilización horaria por fillo menor de 12 anos ou persoa o seu cargo, cando esa flexibilización de pretende coller ó rematar a xornada.

Este persoal non recibe compensación económica alguna, e consideramos de xustiza que esa obriga legal, que vulnera o seus dereitos, sexa recompensada de xeito económico, mediante unha prolongación de xornada, que nas oficinas onde haxa máis dun funcionario deberá ser rotatoria, mensual e voluntaria. Con esta medida económica non só se lles compensa o esforzo extraordinario que están a facer, e a perda de dereitos.

STAJ SOLICITA, que se acorde pola Dirección Xeral de Xustiza unha prolongación de xornada para cada oficina de Rexistro e Repartición, e para cada oficina de Decanato que conte con persoal que realice o rexistro e reparto de escritos, para así deste xeito compensalos por o maior esforzo e a perda de dereitos que sofren. Prolongación de xornada que alí onde haxa dous ou máis funcionarios deberá ser mensual, rotatoria e voluntaria.