Partindo
da premisa básica de que ámbolos dous sistemas sexan igual de fiables, (como
non pode ser doutra forma), o persoal quere cerciorarse de que, en caso de que
escolla o dobre visor, pode ler os documentos simultáneos sen ningunha
dificultade.
Estamos
a falar da pantalla coa que traballan toda a xornada. A toma de decisións con
respecto a este elemento merece a máxima consideración. A petición non pode ser
máis lóxica, sinxela de levar a cabo e eficiente; e infìrese dela a vontade do persoal de
colaboración coa implantación, dado que se logran poder ver con claridade os
documentos simultáneos no dobre visor consideran innecesario ateigar as mesas con
dúas pantallas, puidendo ter só unha e
coas mesmas prestacións. Desta forma facilítase que a Xunta dispoña das
pantallas sobrantes para outros usos.
En
definitiva; este sindicato considera que escoitar ó persoal, sobre todo en algo
que lle afecta tan de cerca, sempre levará a tomar decisións axeitadas e
satisfactorias para ámbalas dúas partes.
Por todo o exposto,
STAJ SOLICITA: Que,
naqueles partidos xudiciais onde se vaia instalar por primeira vez o dobre
visor e con anterioridade á instalación, polo persoal técnico que corresponda se
instale un visor dobre ou se configure algún dos existente noutras
dependencias, para que os traballadores e traballadoras poidan acceder a él e
visualizar o dobre visor na pantalla única a fin de poder tomar as decisións
oportunas.
