miércoles, 3 de mayo de 2017

Staj solicita dispensadores de auga para todos os edificios xudiciais

Debido o mal acondicionamento de moitos xulgados de Galicia (falta de aire acondicionado), así como as altas temperaturas que se prevén este verán, xunto coa retirada da mayoría das máquinas expendedoras dos edificios xudiciais e a discriminación que os funcionarios de xustiza estamos a sofrer fronte os da Xunta de Galicia, xa que nos edificios da Xunta dispoñen de dispensadores de auga gratuitos (garrafons), mentras que os funcionarios de xustiza teñen que mercar a auga que enseguida se quenta ao non disponer de neveira.

En base a todo isto, STAJ solicita a colocación nas distintas plantas dos edificios xudiciais de Galicia de dispensadores de auga gratuitos (fontes), do mismo xeito que sucede nos edificios dependentes da Xunta de Galicia, xa que cremos que son fundamentais dentro dos edificios xudiciais, tanto para os funcionarios como para os cidadans que as veces teñen que esperar horas por mor dos xuizos, e tendo en conta a proximidade do verán e as altas temperaturas que sofren algún destes edificios xudiciais, e ao ter que respirar durante tantas horas un pobre caudal de aire renovado, filtrado e despois climatizado, dada a sequedad que se produce nas vías respiratorias, as queixas dos traballadores que nos edificios prestan servizos, vémonos na obriga de solicitar a colocación de devanditos dispensadores de auga.
Ver escrito STAJ