Con este instrumento, o que se pretende é a erradicación daqueles comportamentos que proveñan de calquera persoa que conforma o contorno laboral dos traballadores da Administración de Xustiza e cuxa finalidade é minar a enteireza física e moral da persoa á cal van dirixidos. Unha situación de acoso laboral é por desgraza, duradeira no tempo e poder “probala” é tamén farto complicado para quen a padece, quen ademais tamén ten que loitar, coa incomprensión en moitos casos, dos seus propios compañeiros. Para moitas persoas que o sofre acoso, a súa gran compañeira é a soidade. A súa propia impotencia para defenderse de algo “tan sibilino”, fai que aos poucos días as súas facultades queden mermadas e se senta incapaz de tomar decisións de autoprotección para poder salvagardar a súa integridade moral e mesmo física (xa que pode chegar a desenvolver patoloxías orgánicas que realmente repercuten no seu xeneral estado de saúde física).
Por todo iso, faise imprescindible que se aprobe un protocolo contra o acoso laboral que corrixa e poña fín a calquera situación que implique a mais mínima expresión de violencia de “alguén contra alguén”.
Que este instrumento póidase levar a bo termo a través do Comité de Seguridade e Saude, vai permitir que non só o “acoso” en calquera das súas variantes, senón tamén que todos aqueloutros comportamentos que xeren calquera tipo de “conduta non adecuada”, poida ser corrixida e erradicada de forma preventiva, antes de que se converta en daniña e prexudique a calquera traballador.
A través do protocolo, permítese levar a cabo, unha investigación obxectiva e imparcial e totalmente exhaustiva, daqueles comportamentos que a vítima denuncia como constitutivos de acoso e que realmente serian moi difíciles de realizar, nalgúns casos polo seu elevado custo, en procedementos xurisdicionais ou administrativos, pero o resultado final do procedemento que o “protocolo de acoso” regula, é totalmente decisivo para a apertura dun procedemento disciplinario ou xudicial fronte ao acosador.
Por todo iso, STAJ solicita a todos os compañeiros da administración de Xustiza, que tomando conciencia da graves consecuencia deses “comportamentos estraños” que todos coñecemos e que algunha vez, mesmo sufrimos, impliquémonos neste proxecto. Que se lea con atención o seu contido e que entre todos consigamos melloralo e defendelo no mes de xaneiro ante a Administración.
Staj e o resto de Centrais Sindicais, poñeremos voz a todas as vosas ideas e experiencia para conseguir un protocolo contra o acoso laboral que realice a función para a cal vai ser creado.
Todos somos susceptibles de ser vítimas de acoso
pero depende de nós impedilo.