viernes, 28 de octubre de 2016

Curso de prevención de riscos laborais

De acordo co Convenio de colaboración subscrito con data do 5 de xaneiro de 2016, entre a Escola Galega de Administración Pública (en diante, EGAP) e Mugatra Sociedade de Prevención, S.L.U., para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, convócase un curso de prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación (CV16048).
 Destinatarios: Persoal que presta servizos nos edificios xudiciais de Santiago de Compostela
O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <http://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.