STAJ ven de presentar unha queixa ante o CIXTEC polo que entendemos que é un retraso inxustificado na remisión das nóminas ó persoal de Xustiza.
Van xa catro meses nos que os funcionarios de xustiza novamente recibimos as nósas nóminas no mellor dos casos o último día do mes, e sen xustificación algunha; pois antes de que o Cixtec cambiara o programa con que confecciona as nóminas e o diseño das mesmas, método que en principio iba a millorar o servizo, chegaban o 26 ou 27, e agora pagan o último día e o recibo da nómina chega incluso a algúns compañeiros despois de primeiros de mes.